THE BEATLES. WHITE ALBUM (1968) Serei sincero: Odio irracionalmente os beatles, pero, sendo un pouco obxetivo este disco merece estar entre os 100 mellores (da miña lista persoal, que quede claro) polas seguintes razóns: 1)"Helter Skelter" 2) Este album "inspirou" entre outros a Charles Manson, un simpático jipi. 3)Este disco foi o principio do fin dos Bitels, en parte pola continua presencia de Yoko nas sesión de grabación, que "colabora" nun par de temas 4)"Helter Skelter", a mellor canción dos bitels 5) O disco é cojonudo en conxunto, hai que admitilo, o mellor dos sempre sobrevalorados Beatles 6)Grandes cancións para todos os gustos, innovadoras e inspiradoras. A mellor: SIIIII: 7) "HELTER SKELTER"... e pensar que canta o atontao de PAL McA!!!!!!!, INCRIBLE!!!!! 8) A portada é brillante 9) Ten coña a cantidade de mensaxes secretos que podían ter os vinilos. Este ten miles e miles de anecdotas que darían para un libro. Se alguen escribe un, que mo faga saber. 10) "HELTER SKELTER"... Das mellores da historia...? mmm... En resumo: IMPRESCINDIBLE. Se non o tedes, BAIXADE O DISCO, NON O COMPREDES!!!!!!
N.W.A. STRAIGHT OUTTA COMPTON (1989) Niggaz With Attitude!!! Si señorrr. Formados en Compton, onde un blanco non tería güevos a poñer os pés, deron inicio ó chamado Gangsta Rap, con letras chungas de verdade, violentas e machistas, exhaltando o crimen e a delincuencia. Sí... non eran os jackson 5, pero a súa música ainda pon a pel de galiña hoxe en día. Musica que sona a negros cabreados: Dr. Dre (excelente productor), Ice Cube (hoxe pésimo actor vendido ó home blanco), Eazy-E ( que deus o teña na gloria), MC Ren, DJ Yella, Arabian Prince e The D.O.C. Todos eles encheronse a gañar pelas como rapeiros, mentres fodian ó sistema. Si señor, cantade todos comigo: FU-FU-FU-F-F-F-FUCK THA POLICE!!!!!
PIXIES. SURFER ROSA (1988) Excepcional debut en larga duración dunha das bandas máis potentes da época, influintes como poucas. É incrible que, sendo do ano da pera, este disco sone tan fodidamente actual. Parece que se grabou onte. Polo demais, puro Pixies, un grupo de culto, que paradóxicamente é respetado pola inmensa maioría do público e da crítica, dende a audiencia máis pop e susceptible de ser exterminada con lanzallamas, ata a audiencia máis punk jardcore descerebrada e tamén susceptible de ser exterminada cun lanzallamas. Todo Pixies é recomendable (eu considero mellor a primeira época), ademáis do grupo da baixista Kim Deal coa súa irmá xemela , As Breeders.
SAM COOKE. LIVE AT THE HARLEM SQUARE CLUB (1963) Para min, o mellor. Non porque fora negro, nin por esas maravillosas cancións, senón porque era o puto mellor. Esa maravillosa voz, inimitable, esa maravillosa música... Ah, eso era música... eso era voz. MR SOUL, que (xunto a Ray Charles) emporcou un pouco a música gospel, facendo a música ideal pa follar... O SOUL... Foi e será o máis grande. Por eso o mataron. Eso da violación é imposible, unha sucia mentira. Como o de Janis, Morrison, Hendrix, JFK, Marilyn, Cobain... Creo que está máis que claro que os poderes fácticos queren acabar co Rock and Roll, non? Antes mataban "simulando unha sobredosis"ou "intentou violala e disparámoslle", agora infíltranse como supuestos "rockeiros", ou directamente eliminase o rock do mercado pouco a pouco. A Sam matouno a CIA ou algo así. Era colega de Malcolm X, era un negro millonario e contestatario, que estaba subindo como a espuma, e algún hijo puta tramou todo o montaxe da violación. CABRONES. Cóntase que as últimas palabras do xenial Sam foron: “lady you shot me”. Menos mal que nos queda o seu legado, como este maravilloso disco en directo, cos seus grandes temas , entregandose a unha hipnotizada audiencia. GRACIAS POR TODO, SAM.
LITTLE RICHARD. HERE'S LITTLE RICHARD (1957) Coñecido como a raiña do rock and roll, este tipo alternou a actitude máis loca coa relixión e a sobriedade. No 57, apartouse "das drogas, que só levan á homosexualidade". Xusto antes saiu este antolóxico album, merecedor non só de estar entre os 100 mellores senón entre os 10. O tio rockeaba como ninguén (só Elvis lle facía picha no que respecta a imaxe glamurosa), cun estilo destroyer ó piano (igual que Jerry Lee, outro pecador reconvertido unha e mil veces) e unha banda de acompañamento tan pasados de voltas como el (son antolóxicas as juergas que se oe que montaban por ahí...) Hits inmortais, pertencentes ó subconsciente colectivo de todos. Eses sí que eran bós tempos para o Rock. BASICO (en realidade poño este disco por ser o primeiro da raiña, e ter as cancións máis recoñecibles, pero calqueira cousa CALQUEIRA cousa que grabou este pedazo de negro maricón é INDISPENSABLE)
NIRVANA. NEVERMIND (1991) Neste ano capicúa, a industria musical cambiou radicalmente por unha sixela razón: "Smells Like Teen Spirit". Unha especie de plaxio de "more than a feeling" punk, que creou un nefasto movemento, que pese a dar moitas alegrías no plano musical (Pearl Jam, Soundgarden, Alice in Chains...), conceptualmente, deixouse atrás o RNR simpático de melenas crespadas e só nos dou unha horda de pringaos-pesimistas-melenitasgrasientas. QUE SE FODA O JRUNJE!!!!!! Odio esa estúpida moda que puxeron os executivos en plan GENERACIóN X (mamaos) . Se Cobain fose máis coherente, pejaríase un tiro antes de meterse nesa merda. Afortunadamente, doulle tempo a grabar esta maravilla, un clásico dende o primeiro día, un disco desolador, desconcertante, crítico e moi moi jodido para alegrarche o dia. Pese a todo, "Smells..." segue a soar nas discotecas máis jañás para deleite de borrachos de tódalas idades (que bailan enloquecidos), dos que algúns (obsérvese o poder da canción) non naceran cando saiu o disco. Gran grupo, gran disco... Un clásico dende o dia que se gravou.
THE REPLACEMENTS: LET IT BE (1984) Jodidos borrachos, rebeldes, uns marcianos, mesmo dentro do seu terreo "indi". Cando tocaban, drojaos ata as cellas, comunicaban AUTENTICIDADE (cantos indies de mierda o fan, eh???). Eran punks, sempre o quixeron ser, pero un cantante coa sensibilidade de Paul Westerberg, dotou á banda dun son emocionante, irrepetible. Neste pedazo de dinamita temos temas punkis ("Favourite Thing"), poesía anfetamínica ("I will dare"), himnos adolescentes ("Sixteen Blue"), versións de KISS ("Black diamond"), baladas a piano ("Androgynus"), e a máis emocionante canción xamais composta: "Unsatisfied". Cada vez que escoito esta puta maravilla rompo a chorar como un parvulito. Esa mezcla de sentimento e rabia non se via dende o "Exile.." dos Stones. Outros preferirán o "Pleased to meet me" (1987), pero eu quédome con este album pola citada canción, e por outros motivos persoais que non che importan..."Os suplentes"...Ya lo creo, fronte a coetaneos como Hüsker Dü ou REM, foron tamén un grupo de culto, pero olvidados. Mellor. Pa unha selecta minoría, coma por exemplo, tí.
CHRIS ISAAK. FOREVER BLUE (1995) O guapito pasouno mal cando o deixou a moza, e plásmao neste disco melancólico. Elegancia, clase, saber estar, si señor. As chavalas fixeronlle pupita. As veces está cabreado, outras dolido, outras triste, pero sempre conserva ese rollo Roy Orbison que tanto nos mola a todo aquel que temos un corazoncito. Mola desde a tremenda “Baby did a bad thing” que meteu Kubrik na súa última peli, ata a demoledora moralmente "The End Of Everything". Cada unha das cancións métete nun universo único e cincuentero, xa sabes, transportate. Se eres dos que lles mola o outono, este é o teu disco. Se polo contrario eres un fan da praia e o "Girls, girls, girls" de Mötley crüe, este tamén é o teu puto disco!!!!
JUDAS PRIEST. BRITISH STEEL (1980) Si amigos... Pódese unir o metal co pop. Unha banda solida, jevi, cunha carreira como Judas, creou aquí melodías para que poidera cantalas calqueira pija, e quedaronse con todo dios. Miles de jevis tolearon, e dende entón poderían andar a hostias con Mike Tyson por esta banda, mesmo cando o inigualable Rob Halford anunciou que era maricón (joder estaba claro, tanto coiro, tanta tachuela, tanto látigo). A verdá é que os cabróns gañaron o ceo (ou o inferno) con este disco. Tiña unha camiseta con esta portada, pero a miña nai tirouma, porque estaba toda chinada e cortada por todas partes... Dios! como boto de menos esa camiseta!!!. En fin, polo menos ainda podo disfrutar de temazos como "Breaking the law", "Metal gods" ou "Living after midnight". Outro disco igual de recomendable (se non o é máis) é " Screaming For Vengeance". P.D. ver o seguinte video se hai juevos.
DEAD BOYS. YOUNG, LOUD AND SNOTTY (1977) O xenial Stiv Bators (Lords of new church) lidera esta banda, básica no punk americano. Este disco de debut sorprende pola súa frescura e por ter unhas influencias máis que considerables (case se pode cheirar a Stooges, Alice Cooper, os Dolls...) para a inminente aparición do punk como movemento revolucionario. Dos primeiros punks, xunto a Ramones, Dictators e toda esta calaña que nos fai eyacular cada vez que os oimos. Letras violentas e nihilistas, actitude impecable, e portada excepcional. Un discazo con un single claro, máis ainda, un himno xeneracional: A grandísima "sonic reducer".
JANIS JOPLIN. PEARL (1970) ¿Qué podo dicir desta tía...? Disco pótumo, torrente de voz, contrastando con alma atormentada, Ahhh, qué hija de la gran puta... BLUES. COUNTRY. SOUL. Qué tia, qué tia. A máis grande... Singles: "Me and bobby Mcgee", "Mercedes Benz", "Move Over"... Non hai palabras. Escoitar este arrepiante disco é indispensable para un correcto desenrolo da vida misma.
NINE INCH NAILS. THE DOWNLOAD SPIRAL (1994) "Rock industrial..." A verdade é que esta música nos leva a un apocalíptico ambiente, de máquinas facendo música, un futuro agobiante, onde sorprenden uns ritmos tremendamente rockeiros, unhas melodías que van do máis cañero ata o máis bonito, e unhas texturas experimentais absolútamente antolóxicas. Contrastes, como na vida misma. Este disco marcou a toda unha xeración de chavales (incluido eu). Recomendable toda a discografía de NIN, todo o que fixo Trent Reznor (tanto como productor, colaborador, artista plástico-escénico ou compositor), os seus incribles videos,e as actuacións en directo (véxase a actuación de NIN en woodstock'94).
BEASTIE BOYS. LICENSED TO ILL (1986) Primeiro disco de rap que entra forte nas listas de venta. Bases hip-hop, pero guitarreiras que te cagas, metaleiras (colabora o guitarra de Slayer). Estes tios eran punkis hardcore, en plan bad brains, pero o hip-hop estaba empezando a tirarlles e sacaron esta puta maravilla. Puro Hip-Hop, Puro Rock and Roll, Pura música iconformista, un oasis no putos anos 80's.
THE BAND. THE LAST WALTZ (1976) Ronnie Hawkins, Neil Young, Muddy Waters, Dr. John, Paul Butterfield, Bob Dylan, Van Morrison, Ringo Starr, Ron Wood, Eric Clapton, Emmylou Harris... e moitos máis, no que pode ser o concerto de despedida máis grande de tódolos tempos (sen contar o de Gin-Tonics, evidentemente). A banda de Dylan despídese da vida na estrada rodeada de amigos e rockeando como fillos de puta ó longo dun triple Lp sen desperdicio. Brutal, emocionante e fodidamente rockeiro. Scorsese filmou o concerto e entrevistou maxistralmente á banda, dando lugar a un dos documentais máis conmovedores da historia. Os pelos de punta...
THE VELVET UNDERGROUND. VELVET UNDERGROUND & NICO. (1967) Estes tíos podian ser un puto coñazo (solo hai que oir algunha das cancións deste disco), pero tamén podían ser uns putos xenios. Como dixen antes, quitando algunha mierdecilla que non ven o caso (quén cojones é Nico???), este disco é unha puta obra de arte, e non porque o tontito/estafador de Warhol andivera por ahí, senón por uns músicos experimentais ata o extremo, con actitude, e rocknroll (punk) na sangre, joderr. Cale e Lou Reed eran uns xenios (despois o fodido envidioso de Reed o botaría fora do grupo) que gustaban dos sonidos distorsionados e atonais (vamos, típico dos 40 principais...) Pensade que neses anos, onde todo era buen rollito jipi, estes tíos foron un auténtico tripi chungo. Negativos. Polémicos... Sadomasoquismo. Travestismo. Heroína... Non é de estranar que non venderan unha puta merda! Pero ahí está o disco, unha xoia de culto que influiu en toda puta corrente underground que viría despois. Co tempo, a Velvet subiría, baixaría, e volvería a subir o nivel, pero este disco é o manifiesto de de qué van. Vaia tropilla!!!!
BOB DYLAN. HIGHWAY 61 REVISITED (1965) Dylan eléctrico, a mellor noticia para o rock and roll (no disco anterior xa apuntaba cara este estilo). Os folkies cajáronse nel, pero el tiñao claro: O rock era o seu, e con este discazo demostrouno, xunto a Mike Bloomfield, Al Kooper, etc, que lle metéron o veneno do blues, e que el asimilou maxistralmente cunha clarísima influencia do seu mentor, Johnny Cash, e coa súa propia influencia (Dylan xa era un mito daquela, con 24 anos...). Discazo. Bombazo. Revolucionario... Despois tocaría con The Band, a mellor banda de acompañamento da puta historia, xunto a Mother Superior e Booker T. & M.G's... No seguinte, "Blonde on Blonde"(1966), tamén chegou a límites nunca vistos no rock, pero eu quédome con este disco... Blusero, caralludo, etílico e nocturno... O single, merecedor de "mellor canción da historia" por moito listillo, é, como non, "Like a rolling stone", unha canción que golpea directamente no corazoncito de calquera...
IRON MAIDEN. IRON MAIDEN (1980) O primeiro disco da banda. Bruce Dickinson ('Samson') e "the number of the beast"(1982) están guays, nesa época eran os putos mellores, pero eu quédome cos Maiden do simpático Paul Di'Anno á voz (ese estilo punk, alonxado do típico vocalista heavy que chega atódolos rexistros, ese estilo de vida polo que foi expulsado...) e con Clive Burr (tamén ex-samson e batería con sangre donde los haiga...) Este disco marcou unha época, o revival do jevi, ostia... E xusto na época (punk e variantes) cando ser jevi era a cousa máis jañán do mundo!!!! (conozco a un par de tipejos que ainda o pensan...) Neses maravillosos anos, xa non era coherente ser punk e comercial, así que renace esa música atronadora que mestura o blues cos Sabbath, o punk con Led Zeppelin... Qué bós tempos, mamá, qué boas bandas había daquela...
BLIND MELON. SOUP (1995) Shannon Hoon foi a desaparición máis dolorosa dos últimos tempos (sobredose de cocaina), xunto con Jeff Buckley e River Phoenix. Con esa voz, e ese grupo dunha calidade incrible, soupo transmitirnos os altibaixos emocionais tan típicos desa década de incertidume. Pero ó mesmo tempo, rockeaban coma auténticos fillos da puta... Non quero nin pensar cómo sería un directo deles neste ano tan máxico!!!. Xa o primeiro disco honónimo (1992) non da pé a enganos... Blind Melon (1990-1995) chegaría a ser unha das mellores bandas do mundo, e gracias a Dios, unha banda só para os verdadeiros fans, sin multitudinarias gilipolleces nin masiva publicidade chunga. O segundo album da mítica banda chegou ó mais alto dos excitantes (no musical) anos 90. Cancións tan boas que costa manter a compostura ante tamaña audición. Os guitarristas (Christopher Thorn e Roger Stevens) son realmente cojonudos, e xunto a ese baixo (Brad Smith) e esa batería (Glen Graham), acadan algo moi fodido na música: A Perfección... Se a isto lle sumamos a incrible voz de Shannon, o feito de que todos foran das máis remotas aldeas de EEUU, e as letras máis oscuras e fermosas dos 90 (que me perdone Nirvana), o grupo convertese no mellorciño (ainda hoxe) dos últimos 20 anos. O epitafio de Shannon pon: "Sei que todos nós non podemos quedarnos aquí para sempre, así que quero escribir as miñas palabras na cara de hoxe e despois eles o pintarán"
THE SONICS. HERE ARE THE SONICS (1965) Suxo, frenético, ye-ye, punk, agresivo, crudo, enloquecido, enérxico, apaixoado, excitante, directo, delincuente... o que é un grupo de versións dos Gin-Tonics... En 1960, en Tacoma (Washington), de onde tamén eran The Wailers, aparecen estos tios que fan versións do máis variopinto, e por suposto, composicións propias nas que falan do que realmente importa na vida: nenas, coches, drojas... Unha banda de verdadeiros macarras que se anticiparon o que pouco despois farían MC5, New York Dolls, Stooges e posteriormente, Ramones, Dead Boys..., vamos... eso que se dou en chamar Punk Rock... Unha banda de sorprendente calidade e ferocidade para a época, cun saxofonista que che pon os pelos de punta, as cordas dos irmáns Parypa, un batería que era o preferido do seu paisano Kurt Cobain, e sobre todo, a voz agresivamente salvaxe do gran Gerry Roslie (tamén teclista e compositor)... Ahhhh, Os Sonics... Gran grupo que bebe do mellor Rock and Roll. Gran disco cos mellores himnos rockeiros xamáis compostos...Este disco está moi, moi, moi ben, e é imperdonable se non o tedes, pero seríades gilipollas se non vos facedes tamén co "Boom"(1966). VIVAN OS SONICS e VIVAN OS GIN-TONICS!!!!!!
PINK FLOYD. THE WALL (1979) bó ano... Roger Waters creou esta puta obra mestra, ladrillo a ladrillo. Sen palabras... non se escoita, vívese. (Ver tamén película de Alan Parker, 1982 con animacións do xenial Gerald Scarfe) O incrible é que este disco tan escuro e fodido sexa o 3º máis vendido de tódolos tempos en USA!!! Bueno... Hai que recoñecer que o disquito ten singles innegables "Another brick in the wall II", "Confortably Numb"... e a xira que o acompañou foi apoteósica. Waters creou unha obra artística por excelencia, onde os detalles, as atmósferas, as imaxes, a poética se enlazan en forma de ladrillos, que forman un muro que nos separan da realidade e nos aislan na loucura... Sen dúbida, o baixista pensou na súa propia vida (éxito, sobreprotección materna, drojas...), pero tamén é evidente o referente da loucura de Syd Barret, xenial primeiro vocalista-guitarrista da banda, creador do primeiro disco dos Floyd "The Piper At The Gates Of Dawn" (1967), o primeiro disco psicodélico, e tamén duns excelentes discos en solitario, cando xa se lle foi a olla tanto por consumo de LSD que os hijosdeputa o chimparon do grupo.
LOVE. FOREVER CHANGES (1967) O Arthur Lee deixounos o outro día. Un tipo raro e impredecible, que xunto cunha sólida banda, creou este maravilloso e enigmático disco. Un disco influinte, desconcertante, sereno, experimental, delicado... Un disco imprescindible, e agora máis. O mellor de todo é esa mestura tan bonita de rock, folk, etc... (non mezclar por mezclar como fan algúns para irse de "progres")que alcanza unha vanguardista calidade que sorprende para a época. Unha cousa fora de serie equiparable ós grandes desa época de cambios na música e na sociedade. Gran disco, que non acadou o éxito masivo que merecería unha obra desa calidade e influencia. O peor de todo é que millóns de popitos babosos de mierda idolatran este disco mentres fan música de lo más coñazo, ou incluso electro-pop... De tódolos xeitos, maxistral. Escoitadeo ainda que sexa como tributo a Arthur, ese xenio incomprendido, con mala hostia e coa capacidade de compoñer cancións absolutamente incribles.
THE BEACH BOYS. PARTY (1965) Xa sei, xa sei... Debería poñer o Pet Sounds (1966)... A mín tamén me parece unha indiscutible obra mestra visionaria, pero... Eu quédome cos Beach Boys que falan de chavalas, praia, coches e festa... E este disco é precisamente eso... literalmente, unha puta FESTA!!! onde podemos escoitar ós Beach Boys (un dos grupos máis salvaxes fora do escenario, comparables a led zep) cantando borrachos rodeados de nenas en bikini, que tamén colaboran nos coros. Brian, o desquiciado, pouco antes de que a súa xenial loucura o levara a perder todo contacto coa realidade, A bestia Dennis, o batería do grupo, un dos tipos máis salvaxes da historia do rock que tumbaría a Jim Morrison a juiskis, Carl, Alan, Mick Love... Uns tios que crearon as mellores melodías vocais dende o doowop dos cincuenta. Esto fixose no estudio (parece máis ben unha festa na praia) con instrumentos acústicos (excepto o baixo eléctrico), pero conseguiuse esa atmósfera informal que lle queda tan de putísima madre. O single: o inmortal Barbara Ann. Se vos mola o rock, a praia, o surf, ou símplemente o alpiste, Consegilo XA!!!!.
CHUCK BERRY. THE BEST OF CHUCK BERRY(MCA) (1996) Se metemos a Elvis, Johnny Cash, Jerry Lee... Temos que meter ó gran guitarrista, o arquitecto do rock and roll: Mr. CHUCK BERRY!!!!. Sin el non existirían Beach Boys, Ac/dc, Kiss, Os Rolling Stones (só por poñer os máis evidentes) e un longuísimo etcétera. Era negro. Os seus riffs, esa forma de comezar as cancións, as letras (qué coño facía un vello como el escribindo sobre o instituto e os deberes...?), eses ritmos mesturados con clase e elegancia (hoxe en día está de moda "el buen rollito" y mesturar sin ton ni son). Si... Pódese dicir que foi, xunto cos mencionados arriba, o artífice desa música loca e delirante... Un bluesman innovador e axitador da xuventude, que viu truncada a súa carreira cando o goberno suprematista branco en colaboración coa CIA e a ultradereita de USA o meteron na cadea coa falsa acusación de "corrupción de menores", algo que afundiu a súa inminente carreira cara o éxito. Este recopilatorio dobre trae o básico (40e pico temas). Tan importante é coñecer estas cancións como ler, escribir, sumar e restar. Chuck, Chuck... Unha lenda que ainda está viva. Lo mejorcito de los 50's, 60's, 70's, 80's, 90's... e... bueno... ¿como se chama esta jodida década? ¿00's?.
BLACK SABBATH. MASTER OF REALITY (1971) Esta xentuza de Birmingham, foron os creadores do Heavy metal, que, no seu caso, non ven sendo máis que unha excelente e depurada evolución do blues que facían na súa primeira época. Pero este estilo pesado e escuro que crearon da nada iría por diferentes derroteiros dependendio da banda e hoxe en día ten tantos entusiastas (eu) como detractores. Pero os primeiros-primeiros (e máis imitados) foron estes tipos. A lenda negra que rodea o grupo, as voces espectrais dun buenísimo (casi paranormal) Ozzy, os dedos amputados de T. Iommi que o facían tocar con ese maravilloso estilo, unha sección rítmica do mellor (Butler e Ward)... AHHHH... Ten que ser cousa do demo... Grupo copiado e recopiado por todo tipo de grupos (por poñer un exemplo, observese a "homenaxe" a "Electric funeral" do album "Paranoid"(1970) no tema "Dirt" de Alice in Chains... E o mesmo con Metallica, Pantera, Os Judas... Merda... Hoxe en día ata hai grupos que os plaxian sen sequera saber quén coño eran Black Sabbath!!! Toda a súa discografía é digna de estar nun museo, pero neste seu terceiro disco, acadaron crear a súa obra máis redonda, con excelentes temas heavys e hard rockeiros, por suposto..., pero tamén moito folk, algo de rollito medieval, blues, e unha das miñas cancións preferidas de tódolos tempos: "Into the Void" (grupos actuais como os magníficos Wolfmother basean a súa música nesta bendita canción). ROCK AND ROLL, do setenteiro, do peludo, do perigoso, do nocivo, do maligno..... É evidente porqué non se estudia nas escolas a estes tipos, e sí os sempre sobrevalorados bitels...
AEROSMITH. ROCKS (1976) Vou ser claro... Este é para mín, o mellor disco de Aerosmith, superando ó anterior Toys in the Attic (1975), e se nesta lista dos 100 mellores, as cancións fosen por orden de preferencia, (iso sería un puto error) sen dudalo situaríao entre os 5 primeiros.... Contén cancións de hard rock tan boas que custa crer que as poidera facer alguén de carne e jueso, pero así foi... O que é a evolución máis depurada e deputamadre do rockanrol que facían os seus "pais", os Stones. (O relevo desta música stoniana colleríano máis tarde os GNR...). Nin que dicir ten, que con este disco acadaron o éxito masivo... Xiras faraónicas, groopies, alcohol a destajo, roces de egos, acumulación de mala hostia, e por suposto, cantidades industriais de todo tipo de drojas, baixo cuios efectos comporían os sucesivos (e maxistrais) discos, que pouco a pouco foron perdendo calidade ata chegar a un punto total de degradación nos anos 80... Despois, a resurrección (desintoxicación) da man desa simpática auto-versión xunto a Run DMC da inmortal "Walk this way" e desas outras obras mestras do nivel de "Permanent Vacation" (1987), "Pump" (89)... Pero eu teñoo claro... É fodido escoller, pero quédome con este irrepetible "Rocks"... Quizais sexa un album algo curto, pero é PERFECTO... E pensar que agora esta banda (a mellor dos 70's en USA) sobrevive a base de patéticas baladitas... MECAJUNTODO!!!! P.D. excepción é o extraordinario album de versións Hokin' on Bobo (2004)
LINK WRAY & HIS RAY MEN. RUMBLE! THE BEST OF LINK WRAY (1993) Recientemente fallecido, este tío foi un dos guitarristas máis personais do planeta (deste planeta?), cun sonido que ainda acojona hoxe en día, pa canto máis neses máxicos anos 50's... Wray perdeu un pulmón cando comezaba , e con el, a súa carreira como vocalista, así que se meteu de cheo na guitarra. E vaia guitarra!!!! o tio tirou polo blues e o rockabilly máis xenuino, conseguindo ese son suxo e hipnótico, que che pon os pelos de punta... Considerado pai da música surf, o abó do punk e mesmo do heavy metal, o seu estilo sempre foi salvaxe e violento, unha auténtica patada nos güevos para o tímpano... ideal para andar a hostias ou navalladas con patilludos pandilleros, enfundados en chupas de cuero, e peinandose o tupé con "pomada"... É recomendable todo o que poidades conseguir del, pero este disco trae os seus clásicos máis inmortais ("Rumble", "Run Chicken, Run", "Batman"...) que , como todos os discos aquí seleccionados, teñen que ser escoitados A TODA HOSTIA, nada de tonterías...
PUSSY CALANDRACAS. FUCK AND ROLL SESSION 6/12/2003 (2003) Quizais o mellor grupo desta páxina, uns tios innovadores, creativos e con talento. Aquí, a súa única grabación en estudio, coa formación clásica: Pupas, Janis, Mingus, Nancy e Vicious. Unha xoia que os coleccionistas buscan a precio de Ouro. Non me estrana. Desde clásicos da banda como "Cuspir o meu mal", "Non me poñas (máis asin)", "Damme teito" ou "Medo", ata temas recién creados como "Fai pallas" ou "Rapaza punk", pasando polos seus grandes himnos ("Fréjate a min", "Anxo destructor") e rarezas da sua primeira época punk como "Vai non vai(meyor non bou)" e "Jeijou (aíbou)". Disco imprescindivle. Atentos ó batería, mingus, que ademais de ser atractivo e guapo, era un crack coas baquetas. Outra garbación singular é Pussy Calandracas: Alive in Deixebre II .
ALICE IN CHAINS. DIRT (1992) Putos jrunjes... Eran depresivos e jilipollas, pero qué música máis bonita facian, joder!!!!. Este album é un exemplo. Quitando as letras, tan importantes como a música, tiñan esas atmósferas, ese son Judas priest-black sabbath, e esas voces... Mesturando un metal de gran calidade coa actitude chunga deses anos, crearon as mellores cancións para joderche o pouco de luminoso que ten esta vida tan puta. Cando sacaron este disco, os seus fans (entre os que me inclúo) eran unha lexión, o seu éxito masivo, e o seu prestixio, indiscutible... É lóxico que a depresión, a actitude autodestructiva e as drojas estivesen presentes... ´psss.... Un disco escuro e nihilista, non apto para escoitar na soleada praia con cachondas en bikini ó teu redor, senón mais ben para dias de inverno, duros e jodidos. No 2002 o grandísimo vocalista da banda, Layne Stanley (Mad Season), palmou da típica sobredosis da que fala en todas as putas cancións (xusto 8 anos despois de que nos deixara Kurt Cobain, outro "cachondo"...)
ROBERT JOHNSON. THE COMPLETE RECORDINGS (1990) En seis días distribuidos entre 1936 e 1937, este bluesman grabou os 29 temas que chegaron ata nós, e que son posiblemente as pezas máis influintes da historia da música (Keith Richards, Eric Clapton, Jeff Beck, Hendrix...). O caso é que din que o incrible e sorprendente talento que teñen estas grabacións son froito do pacto que fixo Johnson co demo, nunha encrucillada de camiños, alá polos anos 20. Johnson pactou talento para tocar a guitarra a cambio de oito anos de vida, e así foi. Tras ese plazo, o xenial bluesman e poeta palmou en circunstancias pouco nítidas (envenenado por un marido celoso, sífilis, jonorrea, suicidio...?) Pode ser verdade ou mentira, pero as crónicas din que Johnson, antes de desaparecer unha curta temporada, era bastante chungo e tiña unha técnica mediocre, pero volveu feito un músico de cojones, de feito, creou o que hoxe entendemos por blues. Salta á vista, xa que ese estilo orixinal de tocar a guitarra e esas letras escalofriantes non son cousa que poida facer calquera da noite á mañán. Ademais, moitas das súas cancións citan explícitamente ó demo como se foses colegas de toda a vida, así que...
FUNKADELIC. MAGGOT BRAIN (1971) Reconozco que me molan máis Funkadelic (máis hard rock) que Parliament (máis experimentación funk radical con músicos roubados a James Brown), pero bueno... Todo depende do momento e das circunstancias. Falemos de Funkadelic. Este disco é... joder, non teño adxetivos.... O mellor é escoitalo, e que cada un saque a súa conclusión. George Clinton, un xenio, un Beethoven negro, conduce aos mellores músicos da historia (entre eles o herdeiro directo de Hendrix, o inigualable Eddie Hazel) para crear esta bomba P-FUNK. Psicodélia funky-triposa, ritmos sincopados ata o inimaxinable, un circo delirante en directo (cincuenta músicos sobre o escenario,naves espaciais de cartón aterrizando... Unha puta locura!!!!), letras tolas e estribillos que non salen da cabeza... Máis información no xornal máis fankeiro: The New Funk Times.
REDD KROSS. PHASESHIFTER (1993) Hard rock e punk mesclaos con melodías pop. Supoño que é o que algún crítico subnormal é o que entende por "power pop". (as etiquetas son ridículas, pero esta...)Uns Redd Kross en estado de gracia, que collen sen respeto os 60 e 70 e crean algo fodidamente novo. Este grupo, mola moito. Escoitade este disco e caeránsevos os güevos (ou ovarios) ó chan. Son como os fillos punkis dos beatles, que foron adquirindo máis e máis calidade... Dios sabe a onde van chegar... Pero para mín este é o seu disco. Grandes recordos...!!!
DAVID BOWIE. THE RAISE AND FALL OF ZIGGY STARDUST AND THE SPIDERS FROM MARS. (1972) Gran obra, sin duda. Comparable historicamente as pirámides de exipto. Cando Bowie "rockeaba". Lástima que ó tio non lle paraba o cú quieto, e cambiaba de estilo como quen cambia de jallumbos. Pero bueno... Con esta xoia intemporal, o "Aladdin Sane"(73), o "Pin Ups"(73) e o "Diamond Dogs"(74), pódese dicir que Bowie alcanzou o cumio. Influenciado por Bolan, Reed e Morrison, dou un paso adiante no Rock, aliándose grandilocuentemente co teatro. Axudado do maquillaxe como se fora o primeiro que o facía, xogou coa ambigüedade e o escándalo, aderezado cun rock and roll clásico, pero novedoso (A banda dos Spiders from Mars foi a mellor que tivo. Mención especial para o guitarra Mick Ronson, que "axudou a compoñer" varias pezas). Todo producido polo Phil Spector injlés dos primeiros sesenta, o productor de T.Rex, Tony Visconti. Si... Reconozcamos que o tio era unha esponxa humana (como Jagger) que chupaba de todo aquel que o rodeaba. Tanto no terreno musical como en tódolos aspectos. O carallo é que parecía que o inventara el cando en realidade llo viu o día antes a alguén. O fulano tamén tiña un acojonante talento musical e unha tendencia a experimentar moi de agradecer.
MONSTER MAGNET. POWERTRIP (1998) Madre mia que disco!!! ¿o mellor disco dos 90's? Na miña humilde opinión SIIIII!!!!!!. Con un tipo como Dave Wyndorf á fronte dun proxecto non hai nada que obxetar. Ademais, para min é unha colección de poderosísimas cancións do mellor grupo dos últimos 10 anos, só hai que escoitar a súa demoledora discografía ("Dopes To Infinity" (1995), "Monolithic Baby" (2004) e este pedazo de dinamita....) Aínda non entendo como este puto disco non vendeu máis... ó mellor, non tiña un single "smells like teen spirit"... E eso que as discográficas de los güevos meteronos dentro diso chamado "Stoner Rock" (rock ande roll para porreros)... Jeje...Era tan dos 90's eso de etiquetar a música para vender máis... En fin... O caso é que nos tempos que corren, da justo escoitar Rock and Roll no seu sentido máis noble, tanto en música como en actitude. Vivan Monster Magnet!!!!
VAN HALEN. I (1978) Vaia debut!!!! Apadrinados por Gene Simmons de Kiss, conseguiron sacar un album sorprendente. Cancións propias acojonantes e estremecedoramente novedosas ("Runnin With the Devil", "Ain't Talkin' 'Bout Love"), versións que casi superan as orixinais ("You Really Got Me" dos Kinks), Eddie Van Halen, un guitarrista marciano cun estilo totalmente persoal, algo nunca visto dende Hendrix , unha sección rítmica poderosa e hardrockeira (Alex Van Halen e o borracho Michael Anthony) e sobre todo, un CANTANTE: o grandísimo Dave Lee Roth, alias Diamond Dave, un dos cantantes máis carismáticos da historia, cun estilo particular de cantar e moverse (a mitade camiño entre Sinatra e Bugs Bunny), pero sobre todo cunha presencia escénica como a de Elvis. (Bowie dixo: "... non me considero una estrela do rock. Cando penso nunha estrela do rock, penso en David Lee Roth. El sí é unha estrela do rock...". Ahhh! Van Halen!!! Unha nova forma de ver o rock and roll máis guitarreiro, no que se mezcla o surxido da nada, con letras porno e músicas como o Swing e o Boogie. E uns tios que lles molaban ante todo tres cousas: follar, destrozar camerinos, e beber como polacos... Recomendable dos Van Halen? Todos os discos con Dave, dende este, a "1984". Algunhas das mellores citas do RNR díxoas Dave:"..."Os críticos prefiren a Elvis Costello antes que a min porque a maioría deles teñen pinta de Elvis Costello. Respetoos polo seu bó vocabulario, pero aparte diso non son máis que outra panda de tíos escoitando a radio. Que se fodan!...." ou "...Solía facer footing, pero os cubitos de xeo salíanseme do vaso..." Moi Grande...
PUBLIC ENEMY. IT TAKES A NATION OF MILLIONS TO HOLD US BACK (1988) Ah, qué tempos, cando os negros facían RAP, e non mariconadas gorgoriteras. Cando facían ROCK AND ROLL. Agora parece que o puto home blanco faino mellor que un negro. Pero este disco é o último exemplo claro de que un blanco nunca chegará a facer música negra tan ben como un negro JODERRR (ainda que o produxo o xefe de Def Jam ( R.H.C.P. , Beastie Boys, Johnny Cash...), Rick Rubin). Neste disco son recoñecibles samples de grupos como Queen, James Brown, Os Bar-Keys, Coltrane... (neses anos os negratas podían saquear cachiños de cancións da súa poderosa historia musical sen medo a ser fodidos polo puto sistema), dando lugar a un dos álbumes máis influintes da puta historia. Vaia grupazo!!!. Máis intelectuais, menos do ghetto que, por exemplo N.W.A. Pero cunha calidade musical indiscutible... Chuck D coa súa mala hostia cando rapea, acompañado de prendas como Flavour Flav, o Professor Griff e o tarado de Terminator X. Esto é música. FIGHT THE WHITE POWER!!!!!
JERRY LEE LEWIS. LIVE AT THE STAR CLUB, HAMBURG (1980) Grabado na tola Alemania do 1964, Jerry Lee demostra que é "o killer" (o hijoputa disparoulle ó seu batería). Un tipo que creceu, como o seu paisano Elvis, cantando música Gospel. Pero alabar o señor non o era todo para el. Os sudorosos antros dos negros, e eses ritmos sexuais que tocaban no piano fixeron que caera no lado salvaxe, e adoptou esa actitude killer que o acompañou toda a vida. A verdadeira actitude dun Rock Star pasado de voltas. Sam Phillips acolleuno na Sun Records e o éxito chegou... Normal. "Whole Lotta Shakin' Goin' On", "Great Balls Of Fire"... Con cancións coma estas non me estraña que o seu piano se incendiara en directo. Pero o seu carácter, a cantidade industrial de drogas que tomaba, os escándalos sexuais (casouse coa súa prima de 13 anos) e a puritana prensa da época deron como resultado ser rexeitado en USA, e ter que subsistir na "máis aberta" Europa. E é neses anos cando graba este directo. Nun pais novo, dividido, esquizofrénico, rockeiro... Cun público tan tolo como o Jerry Lee. Entre eles, uns anos antes (principios da década), estaban uns atónitos Bitels que ipso facto, tomaron nota do que facía o killer. Un concertazo que daría un riñón por ver, no que tocou as suas frenéticas cancións. Espeluznante directo do rockeiro máis salvaxe.