PIXIES. SURFER ROSA (1988) Excepcional debut en larga duración dunha das bandas máis potentes da época, influintes como poucas. É incrible que, sendo do ano da pera, este disco sone tan fodidamente actual. Parece que se grabou onte. Polo demais, puro Pixies, un grupo de culto, que paradóxicamente é respetado pola inmensa maioría do público e da crítica, dende a audiencia máis pop e susceptible de ser exterminada con lanzallamas, ata a audiencia máis punk jardcore descerebrada e tamén susceptible de ser exterminada cun lanzallamas. Todo Pixies é recomendable (eu considero mellor a primeira época), ademáis do grupo da baixista Kim Deal coa súa irmá xemela , As Breeders.

No hay comentarios: