THE BEACH BOYS. PARTY (1965) Xa sei, xa sei... Debería poñer o Pet Sounds (1966)... A mín tamén me parece unha indiscutible obra mestra visionaria, pero... Eu quédome cos Beach Boys que falan de chavalas, praia, coches e festa... E este disco é precisamente eso... literalmente, unha puta FESTA!!! onde podemos escoitar ós Beach Boys (un dos grupos máis salvaxes fora do escenario, comparables a led zep) cantando borrachos rodeados de nenas en bikini, que tamén colaboran nos coros. Brian, o desquiciado, pouco antes de que a súa xenial loucura o levara a perder todo contacto coa realidade, A bestia Dennis, o batería do grupo, un dos tipos máis salvaxes da historia do rock que tumbaría a Jim Morrison a juiskis, Carl, Alan, Mick Love... Uns tios que crearon as mellores melodías vocais dende o doowop dos cincuenta. Esto fixose no estudio (parece máis ben unha festa na praia) con instrumentos acústicos (excepto o baixo eléctrico), pero conseguiuse esa atmósfera informal que lle queda tan de putísima madre. O single: o inmortal Barbara Ann. Se vos mola o rock, a praia, o surf, ou símplemente o alpiste, Consegilo XA!!!!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario