FUNKADELIC. MAGGOT BRAIN (1971) Reconozco que me molan máis Funkadelic (máis hard rock) que Parliament (máis experimentación funk radical con músicos roubados a James Brown), pero bueno... Todo depende do momento e das circunstancias. Falemos de Funkadelic. Este disco é... joder, non teño adxetivos.... O mellor é escoitalo, e que cada un saque a súa conclusión. George Clinton, un xenio, un Beethoven negro, conduce aos mellores músicos da historia (entre eles o herdeiro directo de Hendrix, o inigualable Eddie Hazel) para crear esta bomba P-FUNK. Psicodélia funky-triposa, ritmos sincopados ata o inimaxinable, un circo delirante en directo (cincuenta músicos sobre o escenario,naves espaciais de cartón aterrizando... Unha puta locura!!!!), letras tolas e estribillos que non salen da cabeza... Máis información no xornal máis fankeiro: The New Funk Times.
No hay comentarios:
Publicar un comentario