NIRVANA. NEVERMIND (1991) Neste ano capicúa, a industria musical cambiou radicalmente por unha sixela razón: "Smells Like Teen Spirit". Unha especie de plaxio de "more than a feeling" punk, que creou un nefasto movemento, que pese a dar moitas alegrías no plano musical (Pearl Jam, Soundgarden, Alice in Chains...), conceptualmente, deixouse atrás o RNR simpático de melenas crespadas e só nos dou unha horda de pringaos-pesimistas-melenitasgrasientas. QUE SE FODA O JRUNJE!!!!!! Odio esa estúpida moda que puxeron os executivos en plan GENERACIóN X (mamaos) . Se Cobain fose máis coherente, pejaríase un tiro antes de meterse nesa merda. Afortunadamente, doulle tempo a grabar esta maravilla, un clásico dende o primeiro día, un disco desolador, desconcertante, crítico e moi moi jodido para alegrarche o dia. Pese a todo, "Smells..." segue a soar nas discotecas máis jañás para deleite de borrachos de tódalas idades (que bailan enloquecidos), dos que algúns (obsérvese o poder da canción) non naceran cando saiu o disco. Gran grupo, gran disco... Un clásico dende o dia que se gravou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario