DAVID BOWIE. THE RAISE AND FALL OF ZIGGY STARDUST AND THE SPIDERS FROM MARS. (1972) Gran obra, sin duda. Comparable historicamente as pirámides de exipto. Cando Bowie "rockeaba". Lástima que ó tio non lle paraba o cú quieto, e cambiaba de estilo como quen cambia de jallumbos. Pero bueno... Con esta xoia intemporal, o "Aladdin Sane"(73), o "Pin Ups"(73) e o "Diamond Dogs"(74), pódese dicir que Bowie alcanzou o cumio. Influenciado por Bolan, Reed e Morrison, dou un paso adiante no Rock, aliándose grandilocuentemente co teatro. Axudado do maquillaxe como se fora o primeiro que o facía, xogou coa ambigüedade e o escándalo, aderezado cun rock and roll clásico, pero novedoso (A banda dos Spiders from Mars foi a mellor que tivo. Mención especial para o guitarra Mick Ronson, que "axudou a compoñer" varias pezas). Todo producido polo Phil Spector injlés dos primeiros sesenta, o productor de T.Rex, Tony Visconti. Si... Reconozcamos que o tio era unha esponxa humana (como Jagger) que chupaba de todo aquel que o rodeaba. Tanto no terreno musical como en tódolos aspectos. O carallo é que parecía que o inventara el cando en realidade llo viu o día antes a alguén. O fulano tamén tiña un acojonante talento musical e unha tendencia a experimentar moi de agradecer.

No hay comentarios: