JUDAS PRIEST. BRITISH STEEL (1980) Si amigos... Pódese unir o metal co pop. Unha banda solida, jevi, cunha carreira como Judas, creou aquí melodías para que poidera cantalas calqueira pija, e quedaronse con todo dios. Miles de jevis tolearon, e dende entón poderían andar a hostias con Mike Tyson por esta banda, mesmo cando o inigualable Rob Halford anunciou que era maricón (joder estaba claro, tanto coiro, tanta tachuela, tanto látigo). A verdá é que os cabróns gañaron o ceo (ou o inferno) con este disco. Tiña unha camiseta con esta portada, pero a miña nai tirouma, porque estaba toda chinada e cortada por todas partes... Dios! como boto de menos esa camiseta!!!. En fin, polo menos ainda podo disfrutar de temazos como "Breaking the law", "Metal gods" ou "Living after midnight". Outro disco igual de recomendable (se non o é máis) é " Screaming For Vengeance". P.D. ver o seguinte video se hai juevos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario