PINK FLOYD. THE WALL (1979) bó ano... Roger Waters creou esta puta obra mestra, ladrillo a ladrillo. Sen palabras... non se escoita, vívese. (Ver tamén película de Alan Parker, 1982 con animacións do xenial Gerald Scarfe) O incrible é que este disco tan escuro e fodido sexa o 3º máis vendido de tódolos tempos en USA!!! Bueno... Hai que recoñecer que o disquito ten singles innegables "Another brick in the wall II", "Confortably Numb"... e a xira que o acompañou foi apoteósica. Waters creou unha obra artística por excelencia, onde os detalles, as atmósferas, as imaxes, a poética se enlazan en forma de ladrillos, que forman un muro que nos separan da realidade e nos aislan na loucura... Sen dúbida, o baixista pensou na súa propia vida (éxito, sobreprotección materna, drojas...), pero tamén é evidente o referente da loucura de Syd Barret, xenial primeiro vocalista-guitarrista da banda, creador do primeiro disco dos Floyd "The Piper At The Gates Of Dawn" (1967), o primeiro disco psicodélico, e tamén duns excelentes discos en solitario, cando xa se lle foi a olla tanto por consumo de LSD que os hijosdeputa o chimparon do grupo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario