BLACK SABBATH. MASTER OF REALITY (1971) Esta xentuza de Birmingham, foron os creadores do Heavy metal, que, no seu caso, non ven sendo máis que unha excelente e depurada evolución do blues que facían na súa primeira época. Pero este estilo pesado e escuro que crearon da nada iría por diferentes derroteiros dependendio da banda e hoxe en día ten tantos entusiastas (eu) como detractores. Pero os primeiros-primeiros (e máis imitados) foron estes tipos. A lenda negra que rodea o grupo, as voces espectrais dun buenísimo (casi paranormal) Ozzy, os dedos amputados de T. Iommi que o facían tocar con ese maravilloso estilo, unha sección rítmica do mellor (Butler e Ward)... AHHHH... Ten que ser cousa do demo... Grupo copiado e recopiado por todo tipo de grupos (por poñer un exemplo, observese a "homenaxe" a "Electric funeral" do album "Paranoid"(1970) no tema "Dirt" de Alice in Chains... E o mesmo con Metallica, Pantera, Os Judas... Merda... Hoxe en día ata hai grupos que os plaxian sen sequera saber quén coño eran Black Sabbath!!! Toda a súa discografía é digna de estar nun museo, pero neste seu terceiro disco, acadaron crear a súa obra máis redonda, con excelentes temas heavys e hard rockeiros, por suposto..., pero tamén moito folk, algo de rollito medieval, blues, e unha das miñas cancións preferidas de tódolos tempos: "Into the Void" (grupos actuais como os magníficos Wolfmother basean a súa música nesta bendita canción). ROCK AND ROLL, do setenteiro, do peludo, do perigoso, do nocivo, do maligno..... É evidente porqué non se estudia nas escolas a estes tipos, e sí os sempre sobrevalorados bitels...

2 comentarios:

* dijo...

e recomendoche toda a súa puta discgrafía. Oprimeiro está de puta madre, e cando marchou Ozzy, e veu Ronnie DIO, tamén mola qtecagas.

* dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.