AEROSMITH. ROCKS (1976) Vou ser claro... Este é para mín, o mellor disco de Aerosmith, superando ó anterior Toys in the Attic (1975), e se nesta lista dos 100 mellores, as cancións fosen por orden de preferencia, (iso sería un puto error) sen dudalo situaríao entre os 5 primeiros.... Contén cancións de hard rock tan boas que custa crer que as poidera facer alguén de carne e jueso, pero así foi... O que é a evolución máis depurada e deputamadre do rockanrol que facían os seus "pais", os Stones. (O relevo desta música stoniana colleríano máis tarde os GNR...). Nin que dicir ten, que con este disco acadaron o éxito masivo... Xiras faraónicas, groopies, alcohol a destajo, roces de egos, acumulación de mala hostia, e por suposto, cantidades industriais de todo tipo de drojas, baixo cuios efectos comporían os sucesivos (e maxistrais) discos, que pouco a pouco foron perdendo calidade ata chegar a un punto total de degradación nos anos 80... Despois, a resurrección (desintoxicación) da man desa simpática auto-versión xunto a Run DMC da inmortal "Walk this way" e desas outras obras mestras do nivel de "Permanent Vacation" (1987), "Pump" (89)... Pero eu teñoo claro... É fodido escoller, pero quédome con este irrepetible "Rocks"... Quizais sexa un album algo curto, pero é PERFECTO... E pensar que agora esta banda (a mellor dos 70's en USA) sobrevive a base de patéticas baladitas... MECAJUNTODO!!!! P.D. excepción é o extraordinario album de versións Hokin' on Bobo (2004)
No hay comentarios:
Publicar un comentario