LOVE. FOREVER CHANGES (1967) O Arthur Lee deixounos o outro día. Un tipo raro e impredecible, que xunto cunha sólida banda, creou este maravilloso e enigmático disco. Un disco influinte, desconcertante, sereno, experimental, delicado... Un disco imprescindible, e agora máis. O mellor de todo é esa mestura tan bonita de rock, folk, etc... (non mezclar por mezclar como fan algúns para irse de "progres")que alcanza unha vanguardista calidade que sorprende para a época. Unha cousa fora de serie equiparable ós grandes desa época de cambios na música e na sociedade. Gran disco, que non acadou o éxito masivo que merecería unha obra desa calidade e influencia. O peor de todo é que millóns de popitos babosos de mierda idolatran este disco mentres fan música de lo más coñazo, ou incluso electro-pop... De tódolos xeitos, maxistral. Escoitadeo ainda que sexa como tributo a Arthur, ese xenio incomprendido, con mala hostia e coa capacidade de compoñer cancións absolutamente incribles.

No hay comentarios: