ROBERT JOHNSON. THE COMPLETE RECORDINGS (1990) En seis días distribuidos entre 1936 e 1937, este bluesman grabou os 29 temas que chegaron ata nós, e que son posiblemente as pezas máis influintes da historia da música (Keith Richards, Eric Clapton, Jeff Beck, Hendrix...). O caso é que din que o incrible e sorprendente talento que teñen estas grabacións son froito do pacto que fixo Johnson co demo, nunha encrucillada de camiños, alá polos anos 20. Johnson pactou talento para tocar a guitarra a cambio de oito anos de vida, e así foi. Tras ese plazo, o xenial bluesman e poeta palmou en circunstancias pouco nítidas (envenenado por un marido celoso, sífilis, jonorrea, suicidio...?) Pode ser verdade ou mentira, pero as crónicas din que Johnson, antes de desaparecer unha curta temporada, era bastante chungo e tiña unha técnica mediocre, pero volveu feito un músico de cojones, de feito, creou o que hoxe entendemos por blues. Salta á vista, xa que ese estilo orixinal de tocar a guitarra e esas letras escalofriantes non son cousa que poida facer calquera da noite á mañán. Ademais, moitas das súas cancións citan explícitamente ó demo como se foses colegas de toda a vida, así que...

No hay comentarios: