JEFF BECK. TRUTH (1968) BECK-OLA (1969) Que ben cando marchou o purista Eric Clapton dos Yardbirds e chegou este tolo das 6 cordas!!!. (Vaia grupo, despois viría Jimmy Page...) O gran JEFF BECK!!! Sen dubida, un ser doutra galaxia, un revolucionario e un creador de novas músicas co seu estilo, pioneiro do Heavy ou o Garage. Amo os Yardbirds con Beck, pero Beck en solitario conserva ese espírito, e ademáis arroupado por unha banda que quita o hipo. Agarradevos: Rod Stewart ás cordas vocais, Ron Wood ó baixo, Nicky Hopkins ós teclaos... Todos eles tocando blues-rock, pero cun novo estilo, un pouco máis duro, un pouco máis alá. Outro gran avance para a música. Nunca haberá agradecementos suficientes para os pais desta xente, por concebir esos pedazo de monstruos. Existe unha edición (esta) que inclúe os dous discos con esta irrepetible formación. "Truth" e "Beck-ola" xuntos, para deleite dos fanáticos da boa música. CALIDADE CON maiusculas. De Jeff Beck tamén recomendaría con fervor o seu homenaxe ó xenial (para min do mellor en 6 cordas) Cliff Gallup, guitarra dos Blue Caps de Gene Vincent, chamado "Crazy Legs" (1993). Disco irrepetible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario