ROY ORBISON. THE ESSENTIAL ROY ORBISON (2006) Este tío foi un crack no que a Rockabilly respecta, pero non alcanzou o éxito dos seus compañeiros de Sun Records (Perkins, Cash, Jerry Lee, Presley...), polo que ata os guevos, sacouse da manga un novo estilo rockero, un estilo que dende entón o definiu. O cantante miope, vestido de loito, acabou cantando cancións fodidamente emocionantes e tristeiras ("Only the lonely"), algo lóxico, xa que o destino cebouse tráxicamente con Roy fodendolle os seus seres máis queridos, así que é normal que o tipo cantase a súa traxedia dende o corazón, ese corazón que lle acabaría fallando cando parecía que todo ía de puta nai, cando todo dios o reivindicaba. Roy obsequiounos con cancións para a posteridade, ata había alunhas alegres, joder... ("Oh, pretty woman"). O caso é que este tío tiña algo especial, na sua voz, no seu sentimento, nas súas inolvidables composicións... Sirva como ilustración da súa música ese "In Dreams" que fai chorar de emoción a Dennis Hopper como o xenial Frank Booth na peli "Blue Velvet" (1986). Nunca unha canción sonou tan escura e fermosa (como unha peli do propio Lynch). Calqueira cousa que grabou Orbison merece ser catalogada como obra mestra indiscutible, pero hai que intentar coñecer a súa desconocida etapa rockabilly cañero, e por suposto disfrutar da súa obra póstuma "Mystery girl" (1989), un disco de escoita obrigada. Por eso o ideal é conseguir un recopilatorio completito como este.

No hay comentarios: