SINIESTRO TOTAL. GRAN D SEXITOS (1986) Un dos mellores grupos en idioma español, pero facendo claramente música tradicional galega. Empezaron sendo punks, e foronse calmando, e perdendo compoñentes discrepantes, ata chegar a hoxe. Dende que tocan ben, creo que son un coñazo, pero antes (1980-1986) eran realmente bós. Uns creadores de cancións perfectas (traballaban en formato single, coas consiguientes caras B) que compoñían melodías cojonudas e letras dignas dun Nobel de Literatura. Neste disco (ou cinta) recopílanse os himnos máis recoñecibles dentro desta etapa, dende a época do desquiziao (e Judas) Germán Coppini á voz ("Matar Jipis en las cíes", "Purdey"), ata cando eran un trio punk ("Assumpta", "Dios salve al conselleiro", "Luna sobre Marín"), e tamén rarezas ("No me lavo en la vida") e concertos ("Trabajar para el enemigo", "Bailaré sobre tu tumba","We are the world"). Unha sucesión de cancións tan fodidamente boa, que costa crelo nun grupo de fodidos vigueses, que miran en vez de ver. Non sei, tios... Salvando as distancias, son como os RAMONES galegos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario