BUDDY HOLLY & THE CRICKETS. THE CHIRPING CRICKETS (1957) Un tio con clase o joputa de Buddy. Guitarrista experimentado, cantante excepcional e compositor dunhas cancións que son para quitarse o sombreiro, a verdá. Ademáis, ainda que non o parezca polas pintas, Holly era un rockstar definitivo, unha verdadeira fiera que practicaba o sexo as drogas e o rockandroll con carcter radical. Montábase unhas festas que riete tú de Led Zeppelin. Musicalmente, sempre me molaron esas melodías tejanas que compoñia, ese rock con rollo optimista, con ecos spectorianos. E cando se poñía cañero, era o que mellor rockeaba de todos os seus coetaneos. Sempre cos extraordinarios Crickets, que estandarizaron a clásica banda de rock: Baixo, batería e unha ou duas guitarras. Puta vida! Cando un frio 3 de febreiro do 59 caeu o puto Beechcraft Bonanza N-3794-N no que viaxaban Holly, Richie "La bamba" Valens e Big Bopper, ("the day that music died", que cantaba o outro), non só desapareceron as esperanzas brancas do rock and roll, senón que surxiron os primeiro mártires recoñecibles do xénero. Buddy tiña 22 anos. Quén sabe a donde chegaría! Recordemos, e tomemos nota, do gran rock que creou este tipo de gafas gordas, temas versioneados ata a saciedade polos grupos de Rock (os stones, por poñer o exemplo perfecto) que virían nos 60's: "That'll be the day", "Not fade away" "Peggy Sue" "What you do"...
No hay comentarios:
Publicar un comentario