OTIS REDDING. DREAMS TO REMEMBER (1998) El foi o rei do Soul, o MELLOR cantante da historia, cunha interpretación sublime da música nejra, con sentimento, e dicir, con SOUL. Arroupado polos mellores músicos de Memphis (Booker T. & M.Gs ou Os Bar-Keys), e pola casa discográfica STAX (unha Motown máis negroide e sudorosa, sen tantas concesións ó público branco) este tío foi medrando e medrando ata ser o máis grande, pero claro, o clásico accidente de avión mortal (seguramente os colegas da CIA saberán algo do tema) acabou con esa vida tan curta e intensa. Afortunadamente, quédanos a súa voz, capaz de facer chorar ó cantante de Manowar, e tamén un buenirmo puñao de discos (1961-1967) que roza a perfección. Recomendar un???? ... Imposible. Por iso recomendo esta caixa recopilatoria de 50 temas imprescindibles, que van dende colaboracións con Carla Thomas ("Tramp"), versións dos Stones ("Satisfaction") ou Bitels ("Get Back") e clásicos intemporais ("I've got dreams to remember", "Try a little Tenderness") ata versións en directo no festival de Monterrey ("Sittin' on the dock of the bay") no que os peludos jipis, de tripi, non daban crédito ó que vian ante os seus narcotizados ollos. (Joplin , Hendrix, Redding...) Otis... Hijoputa... Cánto pode cantar unha persoa (negra, por suposto) de ben...

2 comentarios:

Anónimo dijo...

AHHHHHH!
!!
!!
AHHHHHHHHHHHH!
Demasiado.
Demasiado.
P. Cierto:
Baladas o Rapidillas?

* dijo...

mmm...
primeiro rapidillas e despois baladas...