TOM WAITS. RAIN DOGS (1985) Existe un músico máis persoal, máis loco, máis xenial que Tom Waits... ? Poucos hai... Este tio adicase a sacar obra mestra tras obra mestra sen inmutarse, facendo as delicias tanto de intelectuais listillos como de sinxelos amantes da música. Este disco exemplificaría en forma de pedra angular a súa carreira. Dende o clásico blues ("Union Square" "Big Black Mariah") ata os ritmos máis alocados ("Singapore"). De ecos stoogianos ("Clap Hands") ou rollo circense ("Cemetery Polka") a ritmillos que agora están de moda ("Jockey Full of Bourbon"). De baladas nostálxicas ("Time") a clásicos do rock ("Downtown Train")... vamos que on vou dar máis títulos, os que non o conozcades, metédevos de cheo nesta magnífica merda. Un disco arrepiante. Música para pechar un bar, aderezada cos máis exóticos sons, esas orixinais percusións e esa portentosa voz de borracho feita unha merda polo bourbon... E unhas letras que, como Dylan ou Springsteen, teñen a facultade de contar unha acojonante historia nuns cantos versos. Tom Waits é á música o que Klaus Kinski á interpretación, un tio que vai máis alá, que busca, que innova, ainda que iso lle custe a cordura en moitos casos. Un músico como poucos. Un músico dos que debería haber máis.
1 comentario:
Se sale, tio.
Publicar un comentario