MC5. BACK IN THE USA (1970) Detroit era daquela (1965-1972) unha puta cloaca da que saldrían elementos da talla de Iggy, Alice Cooper ou estes "pre-punks" que descargarían rabia e intensidade roqueira en plena época jipi. E xa se sabe que daquela, levabase o bó rollo e o todo vai ben. Pero evidentemente, a cousa non podía ir peor para algúns (Vietnam, racismo amazo, Nixon, obreiros queimaos, todo dios protestando) O rock foi a válvula de escape, como suele pasar. Un rock crudo, enfermizio, rítmico como o vudú, anárquico, reivindicativo, violento, estridente e con pouca melodía e moita distorsión. Un tripi chungo. Os jipis asustados, fuxían deste tipo de música "violenta", pero ós veteranos do Vietnam moláballes amazo. Este disco é o máis rock'n'roll da banda xemela dos Stooges de Detroit. Antes sacarían un incendiario "Kick out the Jams" M.F.!!!), disco acojonante e tamén imprescindible (debería estar ocupando este sitio), pero radicalmente distinto a este, tanto no musical (o "kick..." caótico e barroco e este simple e directo) como nas letras (da reivindicación política á clásica letra rock and roll). Para min, unha gran melloría. Despois deleitaríannos con "High Time", outra puta bomba de reloxería, que suporía o seu final como banda (1971). Xa se sabe... drojas non stop, tensións internas, música pouco comercial... Unha mestura para mandar a tomar polo cú a un quinteto de xente pouco recomendable. Máis tarde, seguirían facendo cousillas de alto voltaxe rockeiro, como por exemplo Fred "Sonic" Smith, o guitarrista tarado, que ademáis de casarse con Patti Smith, fundou a Sonic's Rendezvous Band, unha excelente continuación da mala hostia detroiteira. Cabe destacar tamén que os MC5 formarían parte da organización ideolóxico-política "White Panthers", paralela ó grupo. Se teño que fiarme dalgun programa político de calquera hijoputa maquiavélico, quédome co destes tios, e os seus 10 puntos.

No hay comentarios: