ALICE COOPER. KILLER (1971) Que bos tempos para a música! O coñazo jipi remata, e comezan a sair perturbados como Iggy, mc5 ou este tio (curioso, todos de Detroit) con nome de tia que mezcla teatro e rock and roll levando mais alá o que fixo Morrison. Resultado: Un novo e primitivo estilo que derivaría en glam rock. Todos os que van disfrazados ou maquillados en escena (Kiss, Pussy Calandracas, Twisted Sister...) son dunha forma ou de outra, fillos de Alice. Descuberto por outro da súa calaña, Frank Zappa, cantaba nunha banda que en directo non tiña desperdicio. Dende hiperrealistas execucións con guillotina ou forca, ata asasinatos de galiñas, pasando por sobredosis de pitóns yonkis...en fin... Ata actuou en varias ocasións cos Teleñecos (!?)... Musicalmente, todo o mundo sabe o importantísimo que foi a banda de Alice Cooper para a posteridade, sobre todo nos primeiros 70's, cando contaba nas súas filas cuns guitarristas da talla de Mike Bruce e Glen Buxton. Este disco é un exemplo desa magnífica época, pero igualmente recomendables son os discos Love It to Death (71), School's Out (72) ou Billion Dollar Babies (73).
1 comentario:
http://markonzo.edu http://www.piedmont.edu/idt/wiki/index.php?title=User:Delta_Faucets http://askmecode.com/members/Delta-Faucets.aspx genes http://blog.bakililar.az/prilosec/ http://notradical.com/members/Pressure-Washers.aspx antibiotics erratic http://www.swishtalk.com/member.php?u=90813 http://www.rottentomatoes.com/vine/showthread.php?p=17358590 http://homeimprovementblog.net/node/4442
Publicar un comentario