T.REX. ELECTRIC WARRIOR (1971) Marc Bolan foi o iniciador do glam rock. E este disco, pode considerarse o primeiro disco de Glam da historia... Estribillos de non quitar da cachola, sensualidade impregnandoo todo, furia do rock mais primitivo, e por suposto, diversión!!! Bowie tomou nota deste disco e el tamén se apuntou a ese agresivo rock and roll, pero no fondo, sabemos que Bolan era máis autentico, máis cañero. Xuntas a furiosa música pioneira de Elvis e a estética de superestrela glamourosa de Marlene Dietrich, mesturalo ben no Londres de finais dos 60's, e presentalo de forma sinxela, directa e contundente. Resultado: Este impresionante grupazo. Sería unha imperdonable subnormalidade non destacar o resto da súa discografía, con tantos e tantos himnos rockeiros indiscutibles: T.Rex (70), The Slider (72), Tanx (73)...

No hay comentarios: