MOTÖRHEAD. ACE OF SPADES (1980) Un dos grandes grupos da historia da humanidade. O seu nome denomina ó consumidor excesivamente habitual de anfetaminas. Solo Dios sabe o que lle deben as bandas actuales a esta xente. Lemmy, o baixista de Hawkwind, roadie de Hendrix, e fan dos Bitels (!?) montou este grupo, e o r'n'r nunca volveu a ser o mesmo. Tachados de Jevis, Lemmy prefire para definir a súa contundente música o fermoso término "rock and roll". O caso é que o seu estilo acelerado, hard rockeiro e punk, ainda que ocultamente virtuoso, sudoroso e propio para escoitar a toda hostia, é do mellor producto musical que pariron os fillos da gran bretaña. Hai máis discos, pero este é o típico deles. Co trio clásico vestidos de bandidos mexicanos: Fast Eddie Clarke á guitarra e coros e Phil Animal Taylor destrozando a batería. A voz e o baixo de Lemmy non merecen comentarios. DE PUTA MADRE!!! Só dicir que o único que tumbou a este tío bebendo foi o cantante dos Pogues... Ah! Cando os vin en directo (á nova formación) en Santiago, chorei como unha colexiala. Se sodes moi fanáticos non sei a qué cojones esperades para visitar a súa buenísima páxina web.

No hay comentarios: