ACCEPT. RESTLESS AND WILD (1982) Algún dia este grupo será idolatrado por millóns de persoas. Acojonante banda alemana que evolucionaron do glam rock ata o hard rock, e de ahí o heavy mais clásico e potente. Delicias germanas que nos farán sentir o poder do Jevi nos nosos torturados tímpanos. Non todo vai ser Kraftwerk. A canción que da nome ó disco é xenial, non se pode dicir o mesmo de outras. Da igual. O que importa é o conxunto, e neste caso, Os fodidos teutones non decepcionan. Guitarras potentirmas, atronadoras (gran guitarrista ese Wolf Hoffmann) unha demoníaca música, acelerada que te cagas, e eses espectaculares falsetes do carismático Udo Dirkschneider, un orgullo para o Reich. Para min, se hai que destacar unha canción deste sorprendente disco, quédome coa desbocada loucura que inaugura o disco "Fast As A Shark", coa que moitas veces me ergo da cama cando se me pejan as sábanas, e dame unha enerxía sobrenatural que non perdo en todo o día.

No hay comentarios: