THIN LIZZY. LIVE AND DANGEROUS (1978) Se xa eran bos en disco, en directo non había quén os jodera. Un negro irlandés!!!!. Irlanda pode estar orgullosa de que estes tipos sairan de ahí. Xunto con Rory e a Guiness, fixeron dese pais un lugar que é a puta hostia. Dende canciós emotivas nas que che cae a lagrimilla ata himnos atronadores de puro rock and roll. Ese era Phil Lynnot, un tio sensible, pero rockeiro... E acompañado de esas dúas guitarras xemelas arrepiantes: Scott Gorham e Brian "Robbo" Robertson (despois retornaría á banda Gary Moore, un tio que caeu no máis baboso pozo negro do mundillo musical), o RNR estaba servido. Para entendernos, un dos mellores grupos dos fantásticos 70, que como bós irlandeses bebían hectolitros e andaban a hostias á mínima. Lamentablemente, nos 80 viría a decadencia, e un infravalorado Phil morrería de sobredosis. Un tio que facía música que tanto lle gusta a amas de casa como a cavernícolas jevis devoradores de birra, un tio que tocaba a fibra sensible de calqueira. Un tio que fai pouco foi honrado cunha estatua nas súas queridas rúas de Dublín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario