THE DOORS. THE DOORS (1967) Joder macho... sinto ser tan típico, pero hai discos que hai que poñer a collóns. E este é un deles. Xa non só por "Break on througth", "light my fire" ou "the end", senón pola inmellorable versión "Back door man", xa que para mín, o blues destes tios chegaba a outros niveis, a unhas altas cotas, que mesturadas con un directo baseado no teatro e nos ritos chamánicos, daría lugar a espacios e texturas que poucos grupos checonseguen transmitir (menos ainda no 67, cando reinaba a psicodelia, e no fondo, a pasta). O Morrison deixou de ser cantante e poeta maldito (ó estilo dos seus adorados Verlaine e Rimbaud) para converterse en icono inmortal, que ainda hoxe en dia fascina ás novas xeracións (non se pode dicir o mesmo de outras vellas glorias) Como todos sabedes, un grupo fundamental, que contribuiu a crear entre outros grupos Os Stooges, Alice Cooper, Bowie... «Se se abriran as portas da percepción, todo aparecería ante o home tal cal é: infinito» William Blake.

No hay comentarios: