AC/DC. HIGHWAY TO HELL (1979) Bon, Bon... Qué voz!!... Xunto con Sam Cooke e Otis, formarían o meu podium persoal de voces masculinas do R'N'R. A elegancia, o sentido do humor e a violencia xuntábanse cuan santísima trinidade nas súas poderosas cordas vocais. Este disco foi a sua despedida, e o seu primeiro éxito masivo (máis dun millón de copias). Pena que non o disfrutara. Non vou nombrar unha canción deste disco porque sería ridículo. Todo obras maestras, coa elegancia violenta-sexual de Bon, os riffs incendiarios de Angus Young e esa mounstruosa máquina rítmica que os acompaña: Malcolm Young, o xefe na sombra, principal compositor e arquitecto do grupo, Cliff Williams, excelente baixista guapito fichado polos Young para atraer as rapazas, e ese metrónomo humano, ese ninja das baquetas, Phil Rudd na batería . Bon morreu afogado no seu jómito no puto ano 80, emulando a Hendrix ou Keith Moon, xusto despois de grabar "Ride On", un emocionantirmo himno, non incluido neste colosal disco. Merda... os AC/DC nunca superarán esta maravilla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario