KISS. ROCK AND ROLL OVER (1976) Para min escoller un disco de kiss é jodido, moi jodido... ¿O primeiro? ¿Destroyer? ¿Love Gun? ¿Dressed to Kill?... Imposible... Pero ó final, decántome por este. Por qué? Flipa: "Dr. calling love", "ladies room", "Mr. Speed", "Makin' love"... Sí, xa sei, xa sei... en todolos discos de kiss hai varios himnos inmortais... Si... QUE CARALLO! . Adoro esa portada, e ademais foi o primeiro disco de KISS que escoitei... Kiss, Kiss... No olimpo do Rock and Roll pasaredes á puta historia. Apostando polas guitarras (o estilo Chuckberryano de Paul e Space Ace), os coros (eses himnos foron creados para cantar polas masas en multitudinarios e barrocos concertos), o teatro (ese maquillaxe kabuki setentero), o espectáculo (o mellor grupo en directo da historia) e esas letras que sempre falan do mismo, estes tios deron un paso adiante no RNR setentero, que nunca será o suficientemente recoñecido. Gene, Paul, Ace e Peter (máis tarde Eric Carr, Bruce Kulick, Vinnie Vincent...). Todos eles merecen un premio nobel XA! Altamente recomendable é a páxina da Kiss Army, un fermosísimo e interesante compendio de curiosidades, fotos e merchandisinj da mellor banda de RNR da historia. (hai dende esa maravillosa máquina pinball ata after shave de Kiss).

No hay comentarios: