CHUCK BERRY. THE BEST OF CHUCK BERRY(MCA) (1996) Se metemos a Elvis, Johnny Cash, Jerry Lee... Temos que meter ó gran guitarrista, o arquitecto do rock and roll: Mr. CHUCK BERRY!!!!. Sin el non existirían Beach Boys, Ac/dc, Kiss, Os Rolling Stones (só por poñer os máis evidentes) e un longuísimo etcétera. Era negro. Os seus riffs, esa forma de comezar as cancións, as letras (qué coño facía un vello como el escribindo sobre o instituto e os deberes...?), eses ritmos mesturados con clase e elegancia (hoxe en día está de moda "el buen rollito" y mesturar sin ton ni son). Si... Pódese dicir que foi, xunto cos mencionados arriba, o artífice desa música loca e delirante... Un bluesman innovador e axitador da xuventude, que viu truncada a súa carreira cando o goberno suprematista branco en colaboración coa CIA e a ultradereita de USA o meteron na cadea coa falsa acusación de "corrupción de menores", algo que afundiu a súa inminente carreira cara o éxito. Este recopilatorio dobre trae o básico (40e pico temas). Tan importante é coñecer estas cancións como ler, escribir, sumar e restar. Chuck, Chuck... Unha lenda que ainda está viva. Lo mejorcito de los 50's, 60's, 70's, 80's, 90's... e... bueno... ¿como se chama esta jodida década? ¿00's?.

No hay comentarios: