BLIND MELON. SOUP (1995) Shannon Hoon foi a desaparición máis dolorosa dos últimos tempos (sobredose de cocaina), xunto con Jeff Buckley e River Phoenix. Con esa voz, e ese grupo dunha calidade incrible, soupo transmitirnos os altibaixos emocionais tan típicos desa década de incertidume. Pero ó mesmo tempo, rockeaban coma auténticos fillos da puta... Non quero nin pensar cómo sería un directo deles neste ano tan máxico!!!. Xa o primeiro disco honónimo (1992) non da pé a enganos... Blind Melon (1990-1995) chegaría a ser unha das mellores bandas do mundo, e gracias a Dios, unha banda só para os verdadeiros fans, sin multitudinarias gilipolleces nin masiva publicidade chunga. O segundo album da mítica banda chegou ó mais alto dos excitantes (no musical) anos 90. Cancións tan boas que costa manter a compostura ante tamaña audición. Os guitarristas (Christopher Thorn e Roger Stevens) son realmente cojonudos, e xunto a ese baixo (Brad Smith) e esa batería (Glen Graham), acadan algo moi fodido na música: A Perfección... Se a isto lle sumamos a incrible voz de Shannon, o feito de que todos foran das máis remotas aldeas de EEUU, e as letras máis oscuras e fermosas dos 90 (que me perdone Nirvana), o grupo convertese no mellorciño (ainda hoxe) dos últimos 20 anos. O epitafio de Shannon pon: "Sei que todos nós non podemos quedarnos aquí para sempre, así que quero escribir as miñas palabras na cara de hoxe e despois eles o pintarán"
No hay comentarios:
Publicar un comentario