VAN HALEN. I (1978) Vaia debut!!!! Apadrinados por Gene Simmons de Kiss, conseguiron sacar un album sorprendente. Cancións propias acojonantes e estremecedoramente novedosas ("Runnin With the Devil", "Ain't Talkin' 'Bout Love"), versións que casi superan as orixinais ("You Really Got Me" dos Kinks), Eddie Van Halen, un guitarrista marciano cun estilo totalmente persoal, algo nunca visto dende Hendrix , unha sección rítmica poderosa e hardrockeira (Alex Van Halen e o borracho Michael Anthony) e sobre todo, un CANTANTE: o grandísimo Dave Lee Roth, alias Diamond Dave, un dos cantantes máis carismáticos da historia, cun estilo particular de cantar e moverse (a mitade camiño entre Sinatra e Bugs Bunny), pero sobre todo cunha presencia escénica como a de Elvis. (Bowie dixo: "... non me considero una estrela do rock. Cando penso nunha estrela do rock, penso en David Lee Roth. El sí é unha estrela do rock...". Ahhh! Van Halen!!! Unha nova forma de ver o rock and roll máis guitarreiro, no que se mezcla o surxido da nada, con letras porno e músicas como o Swing e o Boogie. E uns tios que lles molaban ante todo tres cousas: follar, destrozar camerinos, e beber como polacos... Recomendable dos Van Halen? Todos os discos con Dave, dende este, a "1984". Algunhas das mellores citas do RNR díxoas Dave:"..."Os críticos prefiren a Elvis Costello antes que a min porque a maioría deles teñen pinta de Elvis Costello. Respetoos polo seu bó vocabulario, pero aparte diso non son máis que outra panda de tíos escoitando a radio. Que se fodan!...." ou "...Solía facer footing, pero os cubitos de xeo salíanseme do vaso..." Moi Grande...
No hay comentarios:
Publicar un comentario