JERRY LEE LEWIS. LIVE AT THE STAR CLUB, HAMBURG (1980) Grabado na tola Alemania do 1964, Jerry Lee demostra que é "o killer" (o hijoputa disparoulle ó seu batería). Un tipo que creceu, como o seu paisano Elvis, cantando música Gospel. Pero alabar o señor non o era todo para el. Os sudorosos antros dos negros, e eses ritmos sexuais que tocaban no piano fixeron que caera no lado salvaxe, e adoptou esa actitude killer que o acompañou toda a vida. A verdadeira actitude dun Rock Star pasado de voltas. Sam Phillips acolleuno na Sun Records e o éxito chegou... Normal. "Whole Lotta Shakin' Goin' On", "Great Balls Of Fire"... Con cancións coma estas non me estraña que o seu piano se incendiara en directo. Pero o seu carácter, a cantidade industrial de drogas que tomaba, os escándalos sexuais (casouse coa súa prima de 13 anos) e a puritana prensa da época deron como resultado ser rexeitado en USA, e ter que subsistir na "máis aberta" Europa. E é neses anos cando graba este directo. Nun pais novo, dividido, esquizofrénico, rockeiro... Cun público tan tolo como o Jerry Lee. Entre eles, uns anos antes (principios da década), estaban uns atónitos Bitels que ipso facto, tomaron nota do que facía o killer. Un concertazo que daría un riñón por ver, no que tocou as suas frenéticas cancións. Espeluznante directo do rockeiro máis salvaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario