THE SONICS. HERE ARE THE SONICS (1965) Suxo, frenético, ye-ye, punk, agresivo, crudo, enloquecido, enérxico, apaixoado, excitante, directo, delincuente... o que é un grupo de versións dos Gin-Tonics... En 1960, en Tacoma (Washington), de onde tamén eran The Wailers, aparecen estos tios que fan versións do máis variopinto, e por suposto, composicións propias nas que falan do que realmente importa na vida: nenas, coches, drojas... Unha banda de verdadeiros macarras que se anticiparon o que pouco despois farían MC5, New York Dolls, Stooges e posteriormente, Ramones, Dead Boys..., vamos... eso que se dou en chamar Punk Rock... Unha banda de sorprendente calidade e ferocidade para a época, cun saxofonista que che pon os pelos de punta, as cordas dos irmáns Parypa, un batería que era o preferido do seu paisano Kurt Cobain, e sobre todo, a voz agresivamente salvaxe do gran Gerry Roslie (tamén teclista e compositor)... Ahhhh, Os Sonics... Gran grupo que bebe do mellor Rock and Roll. Gran disco cos mellores himnos rockeiros xamáis compostos...Este disco está moi, moi, moi ben, e é imperdonable se non o tedes, pero seríades gilipollas se non vos facedes tamén co "Boom"(1966). VIVAN OS SONICS e VIVAN OS GIN-TONICS!!!!!!

No hay comentarios: