THE REPLACEMENTS: LET IT BE (1984) Jodidos borrachos, rebeldes, uns marcianos, mesmo dentro do seu terreo "indi". Cando tocaban, drojaos ata as cellas, comunicaban AUTENTICIDADE (cantos indies de mierda o fan, eh???). Eran punks, sempre o quixeron ser, pero un cantante coa sensibilidade de Paul Westerberg, dotou á banda dun son emocionante, irrepetible. Neste pedazo de dinamita temos temas punkis ("Favourite Thing"), poesía anfetamínica ("I will dare"), himnos adolescentes ("Sixteen Blue"), versións de KISS ("Black diamond"), baladas a piano ("Androgynus"), e a máis emocionante canción xamais composta: "Unsatisfied". Cada vez que escoito esta puta maravilla rompo a chorar como un parvulito. Esa mezcla de sentimento e rabia non se via dende o "Exile.." dos Stones. Outros preferirán o "Pleased to meet me" (1987), pero eu quédome con este album pola citada canción, e por outros motivos persoais que non che importan..."Os suplentes"...Ya lo creo, fronte a coetaneos como Hüsker Dü ou REM, foron tamén un grupo de culto, pero olvidados. Mellor. Pa unha selecta minoría, coma por exemplo, tí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario