ALICE IN CHAINS. DIRT (1992) Putos jrunjes... Eran depresivos e jilipollas, pero qué música máis bonita facian, joder!!!!. Este album é un exemplo. Quitando as letras, tan importantes como a música, tiñan esas atmósferas, ese son Judas priest-black sabbath, e esas voces... Mesturando un metal de gran calidade coa actitude chunga deses anos, crearon as mellores cancións para joderche o pouco de luminoso que ten esta vida tan puta. Cando sacaron este disco, os seus fans (entre os que me inclúo) eran unha lexión, o seu éxito masivo, e o seu prestixio, indiscutible... É lóxico que a depresión, a actitude autodestructiva e as drojas estivesen presentes... ´psss.... Un disco escuro e nihilista, non apto para escoitar na soleada praia con cachondas en bikini ó teu redor, senón mais ben para dias de inverno, duros e jodidos. No 2002 o grandísimo vocalista da banda, Layne Stanley (Mad Season), palmou da típica sobredosis da que fala en todas as putas cancións (xusto 8 anos despois de que nos deixara Kurt Cobain, outro "cachondo"...)
No hay comentarios:
Publicar un comentario