JOHNNY CASH AT FOLSOM PRISON (1968) Si... qué podo dicir dun disco como este? Unha puta delicia, un intenso placer... Un dos mellores discos en directo da historia. O tio de nejro revolucionando a unha carcel chea de presos. Música auténtica. Con un sinxelo Bum-chiki-bum-chiki métese a todo cristo no peto. Cancións con temas que van do grave (morte, pena, cárcere...) a temas humorísticos cheos de mala hostia. Por suposto, o amor, ou o que é o mesmo: o desamor, tamén está presente nas súas maravillosas cancións. Nunca se sabe onde empeza o rock and roll (música do demo) e acaba o country (o que Gram Parsons consideraba "música espiritual branca"). De tódolos xeitos, este gran home influenciou a todo dios; dende o primitivo rockabilly ao gangsta rap, pasando polo puto reggae ou Bob Dylan, o fillo beatnick de Cash. Sería un erro non recomendar todo o que poidades conseguir deste tio, pero por favor... tedes que facervos inmediatamente cos 5 derradeiros discos que sacou para a casa American antes de diñala. Country? non o sei, só sei que se me poñen os pelos como escarpias cada vez que escoito esas magnificas versións de Soundgarden , U2 , Depeche mode , etc... amén dos seus propios temas. Tamén é imprescindible non deixar este valle de lágrimas que é a vida sen ler esa gran obra mestra da literatura: "Cash", a autobiografía de Johnny Cash. Gracias Johnny por facerme pasar tan bos momentos!!! Que deus che teña na jloria...

No hay comentarios: