GRAM PARSONS. GP (1973)/GREVIOUS ANGEL (1974) O individuo máis carismático do Rock and Roll. Ademáis de influir a todo aquel que se cruzara no seu camiño (os Byrds, Keith Richards ...) Este tío era un puto revolucionario. En plena psicodelia, el reivindicou a música fascista por excelencia: O country!!!. Cando todo dios estaba pendentes das paranoicas Jams PSICOTRÓPICAS de Grateful Dead ou Jefferson Airplane, Parsons, influido por Elvis e Hank Williams, pódese dicir que inventou o Country-Rock, unha das músicas máis influintes de todolos tempos. Os jipis pasaron del, pois esa música era fascistoide e molaballe a os seus pais, e os cowboys rednecks considerábano "un maricón". Cando tocaba en antros de "música espiritual branca" (como Gram denominaba ó Country) tirábanlle cousas e gritábanlle lindezas do tipo de "corta o pelo, maricón", etc... Pero Gram non se achantou. Contracorrente, e tras pasar polos Byrds e facer o mellor disco destes: "Sweetheart of the rodeo (1968), Gram fundou os xeniais Flyin' Burrito Brothers e finalmente en solitario fixo estas duas putas obras mestras, inmortais, fermosas. O 19 de setembro do 73, morrería de sobredosis de heroina en Joshua Tree, antes de comprobar que estes discos non terían (incomprensiblemente) un éxito masivo, pero que se convertirian en discos de culto para calquera amante do ROCK and ROLL. Aquí colaboran a bellísima Emmylou Harris, Linda Ronstadt, James Burton... E nalgúns momentos os pelos póñense como putas escarpias, e unha lagrimilla caeche polos ollos. Noutros, aceleras tanto que dan ganas de enfundarse nun sombreiro de cowboy e tirar botellas de cervexa contra as paredes. Música country pura e dura, ou country- Rock, pero espírito 100% rockeiro.

No hay comentarios: