PHIL SPECTOR. BACK TO MONO (1958-69) (1991) ¿Un tolo? ¿Un adiantado o seu tempo? ¿Un puto xenio? ¿Un psicópata perfeccionista? ¿Un tío xudeu que se cre nejro? ¿Un hijoputa que lle fixo a vida imposible á sua muller, Ronnie das Ronnetes? Todo isto é verdade. ¿O mellor productor da historia...? Eu digo SIIII. E esta maravillosa caixa con sesenta perlas demostrao. Para este tío, as cancións eran o primeiro. E esculpia nelas ata sacar a perfección. Evidentemente, o mérito non é todo del... Este disco ten artistas da talla de Ronnetes, Crystals, Ike e Tina, Darlene Love... Todo un deleite para os oidos de calquera. Pero el sacaba ese puto sonido, mecaguenlaputa!!! A selección de temas (60, insisto) deixa fora o traballo que fixo con Beatles (que despois sería criticado polo oligofrénico de Paul Mc.), o dos beatles por separado (todo Lennon, por exemplo), ou dos Ramones ( End of Century, un dos seus discos máis incomprensiblemente frouxos en conxunto, pero con temas da talla de "Do You Remember Rock 'N' Roll Radio?"...). Pero non hai fallo... Este disco é 100% TNT. Non falamos só dun pringao con pistolas e peluca... Este tío produxo (e compuxo) os grandes himnos da música dende J.S. Bach !!!! Só vou citar un exemplo (por certo, dentro desta excelente recopilación): BE MY BABY. Pódese afirmar científicamente que esta canción é perfecta. PERFECTA, JODERR (perdoade, pensar nela e me emociono...). AHHH, Back to mono. Todo o mundo debería ter esta obra mestra no seu poder "ipso facto"...

No hay comentarios: