GENE VINCENT & HIS BLUE CAPS.THE SCREAMING END (1990) O príncipe negro, o Hamlet do rock and roll... O primeiro rockeiro en usar chupas de cuero. Este tío era macarra a conciencia e xunto o tamén enorme Eddie Cochran ("summertime blues", "C'mon everybody"...), revolucionaron a música co seu rock and roll tolo e maligno, corrupto e corruptor. Estes rockeiros 100% sabían o que facían, non se andaban con mariconadas para enamorar as rapazas (o meloso estilo Elvis) ainda que, evidentemente, as nenas caían rendidas ós seus pés. Todo gracias a un bó tupé e moita "pomada". Gene tiña unha carisma acojonante, como Marlon Brando en "The wild one", pero sexamos xustos e reconozcamos que a banda que o acompañaba, The blue Caps, eran... Hiroshima, colegas... Cliff Gallup (guitarra), Jack Neal (baixo) e Dickie Harrell (batería)... Gallup pode ser denominado como o mellor guitarrista dos 50's (con permiso de ScottyMoore). O seu estilo non pode ser máis fermoso e maxistral. E cando había un solo de Cliff, escoitar a toda a banda berrando coma condanados da gusto, joder, da gusto... A putada de todo istofoi cando Gallup o deixou e cando Quévidamásputa! anos despois Gene acabou só, drojadicto e deformado polo alcol, sen que ninguén se acordara del cando morreu... Triste... Pero ahí nos quedan as súas cancións, os seus himnos, eses cánticos celestiais: "Be-bop-a-lula", "Race with the Devil", "Cruisin' "Blue jean bop" "Crazy legs" "Double talkin' baby" e un longo, longo etcétera. Como homenaxe a este grandísimo rockstar, tamen ó seu alter-ego Eddie, vou escoitar agora mesmo esa magnífica canción dos Stray Cats, "Gene and Eddie".
No hay comentarios:
Publicar un comentario