THE BLACK CROWES. THE SOUTHERN HARMONY AND MUSICAL COMPANION (1992) Bó grupo, non hai duda. E co novo guitarrista, Marc Ford, saliulles un discazo, chico. Música nejra como o carbón, ben feita. Nótase que son fans dos Stones e dos Skynyrd. Para mín o seu mellor disco, ainda que "Amorica" ten esa portada tan deliciosa... Sona como "ponte" entre o excepcional debut "Shake your money maker" (1990) e o "Amorica" (1994) (vaia gilipollez, despois de todo, fíxose no medio). Boas guitarras clásicas, uns teclaos moi curraos, unha voz estilo Arroz Stewart, uns coros de nejras que fan chorar de emoción ... Qué vos vou contar, joder... Escoitadeo canto antes, non fagades coma min, que tardei un güevo en descubrilo. Sempre lle estarei eternamente agradecido a Anxos por regalarme esta xoia, na que especificou claramente e por escrito cal é a súa canción estrella: "Remedy"... Non podo estar máis de acordo, ainda que o disco ten outras moitas perlas ( "Sting me", "Southern salvation" ou "Thorn in my pride", por poñer un par de exemplos) Boa música.
No hay comentarios:
Publicar un comentario