METALLICA. KILL EM ALL (1983) Hai discos de Metallica con mellores arranxos, mellores composicións e mellor técnica, e mellor o que queirades... ("Ride the Lightning" (84) e "Master of Puppets"(86)), pero sinceiramente, eu quédome con estes Metallica debutantes, novos, veloces, intensos, JEVIS. As cancións deste disco son sinónimo de carraxe xuvenil e de mala hostia, de rebelión fronte o que se estaba a facer no ano 83. Se no outro lado do charco triunfaba daquela a New Wave of British Heavy Metal; en San Francisco, estes chavales con pelusa no bigote e rock and roll nas venas debutaron como a banda de Heavy Definitiva. Dese Heavy que che fai mover a melena, tocando unha imaxinaria guitarra a un ritmo frenético. Este disco íase titular nun principio "Metal Up your Ass" (Metal polo cú), pero ningunha compañía aceptou ese título e Metallica decidíronse por "Matalos a todos"( ás compañías, supónse... las vueltas que da la vida). Caben destacar as presencias do falecido (e xenial) Cliff Burton ó baixo, e uns novísimos Hetfield, Ulrich e Kirk Hammet (sustituto de Dave Mustaine, que no 83 formaría Megadeth) e a producción de Paul Curcio, que fixo un traballo incrible, cun sonido irrepetible (de feito, Metallica iríanse facendo máis e máis frouxos, ata a morte de Burton no 86, onde quedarían orfos dese primixeneo son que atoparon nesta pequena obra mestra). Parece que tras a traxedia de Burton foron caendo en picado ( pero conservando a súa dignidade de Jevis) e tras sacar o ainda digno Black Album (1991)... bueno... mellor non falamos, eh?.

No hay comentarios: