UFO. STRANGERS IN THE NIGHT (1979) O mellor directo da historia? mmm... Bueno, eu diría que si, con permiso do "It's Alive" de Ramones, "Live and Dangerous" dos Lizzy e "Alive I e II" de Kiss. Despois de todo, estamos falando de músicos dunha calidade extraterrestre, de cancións xigantescas e inhumanas creativamente, e dun son tan orixinal e influinte como a Biblia. E tamén estamos a falar do fin dunha década maravillosa, irrepetible para o Rock, e do principio duns anos escuros, fatídicos para o correcto desenrolo da boa música. UFO estaba formado dende o 69 (daquela eran os míticos Hocus Pocus) pola xenial voz de Phil Mogg, o elegante baixo de Peter Way e Andy Parker á batera. Tocaban un Hard Rock non alonxado do Blues e o Boogie. Como guitarrista terían a Mick Bolton, pero no 73, un novo guitarra incorporase ás súas filas. Un guitarra chulo e elegante, virtuoso e rockeiro, habil e intenso, impredecible para improvisar e indeleble para escoitar... SI, amigos. O grandísimo (enorme, joder) e teutón Michael Schenker (membro duns primitivos Scorpions sesenteros) Con el, o grupo chegou ó máis alto a nivel crítica e público, tendo como colofón este excepcional MAIS GRANDE QUE A VIDA directo. DEMASIADO DOLOROSO PARA ESCOITALO EN DISCO e non podelo presenciar en vivo. Tódolos seus éxitos ("Doctor, doctor", "Rock Bottom", "Too Hot To Handle", "Lights Out"...) tocados cunha calidade e intensidade propias de DIOS. Gracias UFO por este regalo, e gracias Schenker por aprender a tocar a guitarra cando ainda comias os mocos nos Scorpions (11 anos...!!!), e deleitarnos cos teus solos de divinidade musical. O mellor guitarrista da historia? Sona forte... eh? Deixo esta polémica custión no aire...

No hay comentarios: