SOUNDGARDEN. BADMOTORFINGER (1991) Este disco estivo sempre á sombra de "Nevermind", xa que saliu prácticamente ó mesmo tempo, pero non lle ten nada que envidiar ó clásico de Nirvana. Ademais Pearl jam tamén editou por esas épocas o "Ten", así que xa vos podedes imaxinar cómo estaba de ben o patio neses días. Neste ano pódese dicir que naceu o Jrunje, desmontando o musicalmente establecido, influindo, dende o espirito de Black Sabbath e Andy Wood a grupos que ainda empezan hoxe en dia. E o "Badmotorfinger" contribuiu a esto dunha forma contundente. Anos atrás Chris Cornell e cía. xa fixeran grandes discos, pero con este deron no cravo. O album comeza con "Rusty Cage", que para min é dos mellores comezos nun disco xunto ó "Appetite..." e ó "Beggars Banquet". Desta canción fixo Mr. Johnny Cash (amante do Jrunje) unha versión antolóxica na súa obra mestra "Unchained" (1996). Despois, tema tras tema ("Jesus Christ Pose", "Somewhere"... Todos, vaia...), o disco vai subindo e subindo de intensidade e de nivel ata deixar a quen o escoita extasiado como unha prea. Máis que un disco, unha experiencia única. Unha audición orgásmica. Un polvo musical. Unha felación sónica... Nin Audioslave nin pollas. SOUNDGARDEN: Un grupo EXCELENTE. FANTÁSTICO. DE PUTA MADRE. ACOJONANTE. Demasiado grupo para durar. SEMPRE VOS TEREMOS NO CORAZÓN: CHRIS, KIM, MATT e BEN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario