GRATEFUL DEAD. AMERICAN BEAUTY (1970) San Francisco, anos 60. Un grupo de peludos postos ata as orellas de ácido tocaban interminables jams de rythm and blues para unha audiencia totalmente pasada de voltas. Este grupo eran os Grateful Dead, e chegarían a converterse nos abandeirados do movemento jipi establecido en S.F. (Janis, Jefferson airplane, Santana...). Musicalmente, eran a banda de maior calidade, sempre abertos a calqueira son ou música, experimentais, líricos e rockeiros. Ademáis eran unha delicia en directo (facían mogollón de concertos gratuitos), se non, que llo pregunten ós seus fans, os Deadheads, o público máis fiel do RNR, e unha parte imprescindible do grupo, segundo dixo o seu lider, o gran Jerry García. Os Grateful dead non eran totalmente psicodélicos (eso foron modas) senón que eran moi eclécticos. Jerry García era un fanático do bluegrass e o folk, outros membros como Robert Hunter ou "Pigpen" érano do blues o jazz, ou mesmo da música clásica. E todos, co seu don innato para improvisar, crearon álbumes do máis variado, pero sempre con ese "espírito" dead. Con este disco, ou mási ben co anterior, "Workingman's dead" (1970) deron un xiro radical, deixándose de jipadas, flores no pelo e amor hipócrita, e buscaron as raices, experimentando novamente, pero nesta ocasión cunha música básica e tradicional, de alta calidade. Se "Workingman's..."foi un éxito en tódolos sensos, con este disco, redondearono ainda máis, creando unha obra mestra, básica en calquera colección de discos, mp3, disco duro, ou como cojones queirades chamar a ese artiluxio máxico que accionas, e toca unha orquesta só pa tí. Cancións como "Sugar Magnolia", "Box of rain", "Friend of the devil" ou "Truckin'" son moi especiais, ideais para dias ou noites nas que, coa axuda da nai naturaleza, atopes o teu verdadeiro "yo" e pilles un precioso e feliz morao.

No hay comentarios: