QUEEN. A NIGHT AT THE OPERA (1975) Escoller un puto disco de Queen... Ben... Se non hai máis remedio, escollo este acolloante artefacto musical...O nunca visto antes en rock. Freddie Mercury foi un dos grandes, sen dúbida, e estaba moi ben arroupado por tres monstruos... Todos eles eran grandes intérpretes e compositores. Toda a carreira do grupo o demostra. Estes anos eran anos de grandilocuencia e barroquismo, e cunha personalidade como a de Mercury, non é de estrañar que surxira "esto". Este disco non ten desperdicio, joder. TODAS as cancións son unha puta maravilla!!! Pero, evidentemente destaca unha: "Bohemian Rhapsody"... Hai que estar moi zumbado para crear unha canción destas características: Hard Rock? Opera? Balada? JODER, QUÉ MÁIS DA!!!! Unha canción insuperable, acompañada de outras 11, que farán as delicias de calqueira amante da puta música. O mesmísimo Groucho Marx adoraba este disco. FANTÁSTICO. Recomendable de Queen: "Queen I" (73), "Queen II" (74), "Sheer Heart Attack" (74), "A Day At The Races" (76), "News Of The World" (77) e especialmente (excelente disco) "Jazz" (1978). Tamén (case) todo o ochentero que fixeron ten unha enorme calidade, como todos sabedes.

No hay comentarios: