BO DIDDLEY. BO DIDDLEY (1957) Un dos guitarristas indiscutibles do rock and roll, colega-rival de Chuck Berry na Chess, un músico que levantou am-pollas, creador de ritmos selváticos, dun estilo crú alonxado da comercialidade (demasiado nejro, demasiado Vudú), unha voz potentirma e unha forma de tocar a guitarra ( unha guitarra tuneada: a square-bodied ) totalmente innovadora. Ademáis incorporou instrumentos novedosos na súa banda como as maracas, que tocaba Jerome Green, e destacou polas súas letras nas que SEMPRE APARECE O SEU PUTO NOME!!!! "Bo Diddley", "Hey Bo Diddley", "Diddley Daddy", "Pay Bo Diddley"... En fin, un tío que non tiña abuela, pero todo cumplido cara el é pouco... Despois de todo escribiu temas da talla de "Roadrunner" (Animals, Stones...), "Pills" (NYC Dolls...) ou "I'm a man"(Yardbirds, Stooges...) e lanzou á fama esas animaladas chamadas "Who do you love?" (Ronnie Hawkins) e "Before acuse me" (Creedence...). Guitarrista influinte como poucos. Como curiosidade musical hai que afirmar que as súas cancións eran tan jodidamente rítmicas e hipnotizantes que os músicos só tiñan que tocar UN PUTO ACORDE. E de feito, a maioría das súas cancións só teñen 1 ACORDE!!!! ¿¿¿ podédelo crer????

No hay comentarios: