NEW YORK DOLLS. NEW YORK DOLLS (1973) 5 putones drojadictos e mal falaos: David Johansen (voz, armónica, e un dos frontman definitivos da puta historia), Johnny Thunders (guitarrista e compositor xenial), Sylvain Sylvain (guitarrista con pluma e nome cojonudo, ademáis de ser un dos tios máis divertidos do RNR), Arthur Kane (baixo recentemente falecido) e Billy Murcia (batería yonki-atolondrao que morreu de "accidente") despois sustituido por un xenial Jerry Nolan (despois compañeiro yonkarra de Thunders nos Heartbreakers). Vamos, uns tios de pouco fiar... Yonkis, travestidos de putóns (véxase a inmortal portada, todo un icono comparable ás meninas de Velazquez), e rodeados de xentuza como Nancy (despois moza de Vicious) ou McLaren... E todo esto no 73!!!!!! Bowie daquela escandalizaba a xente por teñir o pelo!. A súa música recórdanos a uns Stones punk-glam, premeditadamente cutres, atronadores e apocalípticos en directo, pero cunha actitude a proba de bombas e unhas cancións simplemente perfectas... Pero non triunfaron... influiron en todo dios, pero non venderon... Quizais adiantáronse uns aniños á súa época... Se non fora por eles non existirían grupos que prefiro non nomear. Grandes temas: "Personality crisis", "Subway Train", "Frankenstein", "Pills", "Trash", "Jet boy"... Joder, síntome ridículo destacando cancións dun disco perfecto...
1 comentario:
e tamen imprescindible o seu último disco " One Day It Will Please Us To Remember Even This". Fun ó seu directo acojonao pola decepción que ía levar, e FOI COJONUDO! TREMENDO! Ainda segun conservando a dignidade os hijosdeputa (bueno, os dous que quedan, arroupados por unha espeluznante banda). Evidentemente non están hai Johnny Thunders nin os outros, pero dan o pego. Johanson borda o seu papel de camionera travestida.
Publicar un comentario