THE WHO. LIVE AT LEEDS (1970) Hai unha edición do 2002 que pasa das 6 cancións orixinais a 32!!! Disco acojonantemente incrible da que foi considerada "a banda máis ruidosa do mundo", e probablemente, un dos mellores discos en directo da historia. Non sei se se romperon guitarras e baterías neste concerto, pero o que sí romperon foi tímpanos amazo. Qué dicir desta banda? Qué crearon un estilo musical? Un movemento xuvenil? A primeira ópera Rock? Os maiores desfases no backstaje? Todo iso e moito máis eran eses 4 fantásticos: Pete Townshend (guitarra, que acababa destrozada nos seus concertos, e principal compositor. Hoxe en día está xordo como unha tapia), Roger Daltrey (voz), John Entwistle (un dos mellores baixistas da historia) y Keith Moon (o mellor e máis salvaxe batería da historia. a súa vida merece unha enciclopedia chea de excesos, sexo, drojas e música surf, a súa preferida).

No hay comentarios: