GUNS N' ROSES. APPETITE FOR DESTRUCTION (1987) Cinco indeseables, puta escoria, surxiron das cloacas da cidade de L.A. e todo dios enterouse de quen eran de golpe ese 31 de xullo do 87. VAIA DISCO!!!! Para mín, entre os 5 primeiros mellores discos da puta historia. Despois de sacar esta obra cumbre do rock, a todo dios lle molaban os Guns and roses. Número 1 inmediato. Arrasaron tanto para a crítica como para o público. Eles forraronse, subiuselles á cabeza, anduveron a ostias entre eles, e foron abandonando un a un ata quedar un só: AXL! O maior fillo de puta que tivo o RNR!!!. O primeiro en abandonar o barco foi o batería, Steve Adler, expulsado hipócritamente por "bailar con Mr. Brownstone" (que tire a primeira pedra quen non se metera do grupo!), máis tarde foron caendo Izzy (o meu GN'R favorito), e o resto: Slash, Duff... Unha pena a historia deste grupo, o máis prometedor, camorrista, sublime, macarra, talentoso e impredecible dos últimos anos do século XX. Puro Rock and roll. Por ahi din que os abós foron os Stones, os pais Aerosmith, e os netos os Guns. A nai que os pareu a todos..
No hay comentarios:
Publicar un comentario