SLY & THE FAMILY STONE. THERE IS A RIOT GOIN' ON (1971) A mellor banda de funky?... mmm... Eso serían palabras mayores tendo en conta a James Brown e a Parliament/Funkadelic. Pero eu case me decanto por estes tios-tias/brancos-negros. Foron buenísimos durante a época hippie, todo era maravilloso e eles estaban no cumio creando un estilo descaradamente negroide, pero apto para tódolos públicos, mesmo para un blanquito. Ata foron cabeza de cartel en Woodstock. Pero cando chegaron os 70, o mundo non era tan bonito, o optimismo acabárase, e Sly toleou por unha sinxela razón: A farlopa. Sí amigos...tanto nifrou que se lle fundiron algúns circuitos, dando lugar a esta obra mestra. Do optimismo máis utópico e idealista pasan á música de baile pesimista. Ou qué me dicides de cancións como "Family Affair", "Thank You" ou "Runnin Away"... O caso é que este negrazo foi un dos grandes innovadores na música popular contemporánea, amén dun brillantísimo compositor e músico. E todos sabemos que cando un xenio perde o norte, a creatividade está servida. Con este disco demostrao: El e a súa calaña acadan as máis altas cotas, con Larry Graham, inventor do baixo funky e co resto de pioneiros do que hoxe sona (malinterpretado) nas cutre-discotecas e festas-pastilleras do planeta. Sly ainda pulula confuso por ahí. Segue vivo na súa nube branca. Non se sabe moito del, pero calqueira dia pode sacar novo material que volva unir a negros e brancos. O que está claro é que este tio merece un planeta co seu nome ou algo así.

No hay comentarios: