THE ROLLING STONES. EXILE ON MAIN STREET (1972)
¿Qué dicir desta (doble) pedazo de obra mestra?
A época máis yonki e creativa dos Stones, que fan todo un manifiesto artístico sobre as tres cousas máis importantes da vida: Sexo, drojas e Rock and Roll...
Jagger (na súa mellor época), Richards (totalmente desquiciado polo "Brown Sugar"), Taylor (ninguén máis podería facelo mellor), Wyman e Watts, axudados por "Stu" (o sexto Stone), Jimmy Miller (o productor deste enxendro), Nicky Hopkins, Billy Preston, Gram Parsons (a súa influencia está latente en todo o puto disco)...
E nas mentes de todos, como non podía ser doutra forma, estaban Robert Johnson, o gospel, ou Chuck Berry...A crítica correuse automáticamente ó escoitar algo tan perfecto, e o público (USA e UK) adoptouno como número 1 dende que saliu, algo paradóxico, xa que é un disco abertamente anti-comercial, sen un single claro, con letras críticas e duras, e cun guitarrista ó borde da sobredose ... pero ás veces, a xustiza existe !!!! As veces pensoo, e creo que este é o meu disco favorito... Consideroo a mellor obra de rock and roll en audio xamáis grabada. E non son o único que o pensa... Co paso dos anos, como con calqueira boa obra de arte, faise máis e máis grande...
Se vos interesa, existe un pedante e soporífero ensaio sobre esta maravilla aquí.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario